Nota de prensa
O CONCELLO REPARTE 3.000 SACOS ENTRE O VECINDARIO PARA LEVAR ADIANTE O SEU PROGRAMA DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE VIDRO. FUENTE PARGA ASEGURA QUE “O QUE QUEREMOS É REDUCIR COSTES E PROTEXER O MEDIOAMBIENTE”.
Barreiros, 28 de decembro de 2011. O Concello de Barreiros iniciou hoxe o reparto de 3.000 sacos entre o vecindario para levar adiante o seu programa de recollida domiciliaria de vidro. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que “o que queremos é reducir costes e protexer o medioambiente”.
O rexedor lembrou que “desde hai uns anos estamos a traballar na reciclaxe de todos os materiais que se recollen, inicióuse xa hai moito tempo coa instalación dos contedores amarelos, hai dous anos repartimos novos recipientes para a compostaxe doméstica e agora queremos avanzar un pouco máis con este programa de recollida domiciliaria do vidro, que hoxe se presentou en Barreiros”.
Fuente Parga dixo que “ás veces os contedores de vidro están distantes das nosas casas, eso dificulta o transporte do vidro ata o contedor correspondente e eso supoñía que moitas veces as botellas acabasen no contedor verde”. Para o alcalde de Barreiros “eso incrementaba os costes para o Concello, algo que ao final redunda en maiores costes para os veciños. Entre todos queremos reducir esas cifras e contribuir para lograr unha mellora medioambiental”.
O alcalde barreirense engadiu que “agora o que se vai facer é distribuir por todos os domicilios, xunto co calendario municipal, un saco para ir botando todo o vidro e cando estea cheo chamarán ao Concello para que se efectúe esa recollida domiciliaria, e despois deixarémoslles outro para que novamente sigan con este proceso. E así evitaremos que ese vidro vaia ao contenedor verde”.
No acto de presentación deste programa, que tivo lugar no Concello de Barreiros, estiveron ademáis do alcalde, o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, e o concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad.