Nota de prensa
O voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, explicou que o compromiso de execución desta actuación foi ratificado polo propio Presidente da Xunta
O PARLAMENTO GALEGO RESPALDA UNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE PORTOS DE GALICIA INCLÚA UNHA PARTIDA PRESUPOSTARIA ESPECÍFICA PARA O DRAGADO INTEGRAL DAS DÁRSENAS DE FOZ
O dragado pasará de ser unha promesa incumprida do Goberno bipartito a unha realidade en 2012, froito do esforzo inversor da actual Xunta de Galicia
Esta actuación completará o dragado parcial executado o pasado mes de marzo, por vía de urxencia, pola administración autonómica popular e evitará o risco de varada das embarcacións
En época de bonanza, socialistas e nacionalistas desde a Xunta bipartita non foron quen de levar adiante esta actuación pese a ser unha reivindicación constante do sector pesqueiro e marítimo-recreativo
Santiago, 1 de decembro de 2011.- O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a incorporar unha partida orzamentaria específica, en contía suficiente, para o dragado integral do porto da localidade de Foz, de tal xeito que se garanta que as distintas embarcacións poidan efectuar con normalidade es manobras de atraque, entrada e saída da zona portuaria sen risco de varada. Así reza literalmente o acordo acadado na mañá de hoxe no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo da Cámara galega e defendido polo deputado popular Jose Manuel Balseiro, quen foi o autor da iniciativa aprobada.
As tres forzas políticas do Parlamento (PP, PSOE e BNG) votaron favorablemente e fixeron posible o apoio unánime a este acordo que supón un mandato expreso ao ente público autonómico Portos de Galicia -dependente da Consellería do Mar- para que incorpore dentro das súas previsións orzamentarias unha consignación económica exclusiva “en contía suficiente” para facer realidade a execución deste proxecto o ano próximo.
COMPROMISO DIRECTO DE FEIJOO
Jose Manuel Balseiro explicou que o compromiso de execución desta actuación foi ratificado mesmo polo propio Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas visitas que efectuou á localidade de Foz e significou tamén que formaba parte das actuacións comprometidas no programa electoral do Partido Popular. De feito os populares quixeron facerse eco dunha histórica reivindicación do sector pesqueiro e marítimo-recreativo desta localidade que alertaba ante as dificultades que se estaban a producir pola acumulación de sedimentos areosos nas distintas dársenas portuarias.
O deputado popular tamén quixo lembrar que socialistas e nacionalistas pese a mostrarse favorables “agora” a executar esta actuación, non foron quen de levala adiante na pasada lexislatura “pese a telo prometido e ainda que daquela gozaban dunha época de bonanza, sen as dificultades actuais propias dos axustes orzamentarios”.
Balseiro salientou que “o dragado integral en Foz grazas a este mandato pasará de ser unha promesa incumprida do anterior Goberno bipartito a unha realidade que disporá de consignación orzamentaria expresa froito do esforzo inversor da actual Xunta de Galicia”.
COMPLETARÁ O DRAGADO PARCIAL DO MES DE MARZO
O dragado integral das dársenas porturias de Foz completará o dragado parcial executado en vía de urxencia pola administración autonómica popular o pasado mes de marzo. Daquela, Portos de Galicia retirou parte dos depósitos areosos que se acumulaban na zona.
Con todo, o dragado integral permitirá desterrar todo risco de varada de embarcacións e facilitará que se recupere a normalidade duns espazos portuarios chamados a converterse no futuro no corazón da vila de Foz, unha vez que se desenvolvan distintas actuacións de posta en valor dos mesmos.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



