Nota de prensa
O BNG DE FOZ DENUNCIA QUE O PP PAGA FACTURAS SEN SEGUIR A ORDE DE PRELACIÓN LEGAL
“Que pensarán os suministradores e empresarios que teñen facturas sen pagar desde hai anos?” declara Basanta
Foz, a 28 de decembro de 2011.- O BNG de Foz quer manifestar que o actual goberno local segue a vulnerar a lei no que ten que ver co pagamento de facturas e en concreto no referente ao precepto legal do Réxime Xurídico das Administracións Públicas que di claramente que “no despacho dos expedientes gardarase a orde rigorosa de incoación en asuntos de homoxénea natureza…” .
O Goberno Local na persoa do Alcalde, o Sr. Castiñeira, mandou pagar varias facturas cando existen outras moi anteriores pendentes de pagar. Concretamente, deuse a orde de pagar algunhas facturas con data de 5 de abril de diferente material que se usou na Festa do Berberecho por valor de 485 euros, facturas a unha operadora de móbiles con data de agosto e setembro deste ano por móbiles que son do Concello por valor de 1.053 euros e a dun arrendamento de terreos de agosto e setembro pola cantidade de 495,80 euros.
Todas estas facturas foron intervidas desfavorablemente polos servizos municipais de Intervención precisamente porque na data de aprobación e expedición das ordes de pagamento e correspondente pagamento material destas facturas “existen no Concello obrigas contraídas en exercicios anteriores e que se atopan pendentes de ordenar o pagamento e de pagar”, situación que como dixemos contravén todas as normas legais.
Para o BNG é moi grave que, como co anterior goberno, se continúe pagando as facturas que ao alcalde de turno lle ven en gaña, como e cando quere. En primeiro lugar, porque se está vulnerando a lei –cuestión de por si moi grave- e en segundo lugar, porque hai persoas e empresas que levan esperando que se lles pague máis dun ano e ven como a outros se lles paga sen poñerse á cola. ¿Qué poden pensar esas persoas e empresas? Pois o que sucede na realidade: que este goberno ten preferencias á hora de pagar as facturas do Concello con cartos que son públicos e que se deberían xestionar ben. Por iso, o BNG esixe unha rectificación do Goberno Municipal na política de pagos para que cumpra escrupulosamente a lei e garde a rigorosa orde de pagamento.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



