Nota de prensa
IQUE: ‘TEMOS QUE SACAR OS SEIS PUNTOS QUE QUEDAN EN XOGO EN 2011’
O Burela FS Pescados Rubén disputará o seu último partido do ano como visitante en Cataluña, ante o FC Barcelona B; será mañá a partir das 16.00 horas, no Ciutat Esportiva Joan Gamper. “Temos que sacar os seis puntos que quedan en xogo en 2011 para quedar arriba na primeira volta” asegurou o pivote laranxa Carlos Henrique Ribeiro, Ique, que destacou a ‘fortaleza’ do rival barcelonés como local.
![]()
O cadro laranxa saltará á pista do décimo terceiro clasificado, que, con 12 puntos, navega co ronsel perigoso dos postos de descenso; os burelaos mediranse a un dos máximos anotadores da categoría, con 48 dianas, só por detrás de Oxipharma e Martorell, aínda que tamén un dos máis goleados (52). Para volver á senda da vitoria, os mariñáns recorrerán a filosofía exposta na Copa do Rei, como explicou Ique: “Ata agora arrastramos a grande incógnita dos altibaixos, pero creo que estamos atopando o camiño axeitado. Fixémolo con Lobelle, na Copa; nun encontro con moita intensidade fomos capaces de repoñernos duns minutos dubidosos na segunda parte. Estou seguro de que este será o Burela que se poderá ver a partir de agora e ata o final de tempada”.
O brasileiro Ique tamén falou do paralelismo entre a súa evolución persoal e do cadro burelista. “Despois da adaptación ao fútbol sala español na tempada pasada, nesta medro xornada a xornada como a totalidade do equipo, nunha liña ascendente; estou dando todo o que podo e aproveito ao máximo as oportunidades para poder chegar no mellor estado aos play offs” dixo o pivote, que puntualizou que a súa misión no Burela é “axudar ao máximo no que sexa, tanto en goles coma en defensa, en calquera tarefa que se me asigne”.
O Barcelona B, que xa encadea tres xornadas sen puntuar (Gáldar 5-4, Martorell 3-8 e UA Ceutí 5-3), chegará con moita forza para recuperar os bos resultados, botando man da súa pista, na que conseguiu 8 dos seus actuais 12 puntos. Segundo explicou tamén o adestrador laranxa, Quique García, “xogar contra un filial sempre é dificil; o Barça B ten xogadores de moita calidade que impoñen un ritmo alto en todos os encontros. Conseguir a vitoria daríanos unha oportunidade máis de acceder ao segundo posto”. “Será fundamental controlar a defensa e impoñer a nosa identidade e experiencia en ataque” engadiu o estratega burelista
Rivais directos. Cun punto de diferenza cos laranxas, o Sala 5 Martorell, segundo, visita o UPV Maristas Valencia, décimo; na terceira praza, o Hotels Plaza Andorra disputará o duelo da xornada na zona alta ante o Manzanares, sétimo; o UA Ceutí, cuarto, medirase ao undécimo, Hospitalet; e Fuconsa Jaén, quinto, recibirá o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, en postos de descenso.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
