UN NADAL ECOLÓXICO
Cada ano celébrase Nadal. Todos festexan o Nadal: cristiáns e non cristiáns, crentes e ateos, ricos e pobres, todos. Pero poucos saben o seu significado. Que fixemos desta sublime festa ?Desfigurámola?. Cando se achega 24 de Decembro o que hai é unha axitación enfermiza ao redor das cousas materiais: que os agasallos, que os adornos, que armar o nacemento, que xuntar as cousas para facer unha grande festa na “Noite Boa”. Ou sexa: amigos, festa rachada, enchentes e alcasenser… Todo para poder dicir: ¡ah!, que ben estivo o nadal.? Ou queixarse: “O Nadal xa non é como antes.” Así, até os que non creemos en Deuses e os indiferentes celebramos o Nadal. Pero… Que é o que celebran? Unha inxente cantidade de persoas non o saben. Rebuscando o que non é esta celebración e aqueles consellos que freen o consumismo banal en que a convertemos.
Traemos aquí, pois Consellos para un Nadal mais ecolóxica e solidaria por Ecoloxistas en Acción
Coa chegada do nadal chega a época do malgasto e do consumismo por excelencia. O nivel de consumo dos países do Norte, que ten como un dos seus momentos clave o nadal, está a producir unha grave deterioración na contorna e leva asociado, ademais, a explotación de seres humanos.
– Non malgastar enerxía. O consumo de electricidade supón graves problemas ambientais. Pódese facer un uso racional reducindo a compra de produtos superfluos e innecesarios para cuxa fabricación fai falta moita enerxía, ou con algo tan sinxelo como a utilización de lámpadas de baixo consumo e electrodomésticos eficientes e útiles.
Tamén é importante utilizar o transporte colectivo, co que non só se aforra enerxía senón que se evita a contaminación acústica e atmosférica.
– Antes de mercar un agasallo é importante reflexionar. É necesario reducir o nivel de consumo. A compra excesiva e a acumulación de obxectos só conduce a non valorar o que se ten e ao esgotamento dos recursos naturais.
Cando se compran xoguetes convén non esquecer que teñen que ser algo instrutivo e pedagóxico, por iso é importante non regalar xoguetes bélicos ou sexistas.
Ademais, hai certos obxectos de consumo, como os teléfonos móbiles, con efectos sobre a saúde en menores poden ser moi prexudiciais.
– Ao mercar é importante lembrar unha serie de aspectos.
É recomendable estar seguros de mercar o contido e non o envase. Hai que evitar os produtos con envoltorios excesivos ou superfluos, do mesmo xeito que rexeitar as bolsas de plástico que dan nos comercios levándoas desde casa.
A comida precociñada implica máis envasado e consumo de enerxía. Os produtos frescos, de tempada ou menos elaborados resultan máis baratos, máis saborosos e teñen menos aditivos.
É importante non esquecer que algúns alimentos intrinsecamente ligados ao nadal, como os lagostinos, están a ser criados en moitos casos nos humidais costeiros tropicais, producindo graves danos para as economías locais e para a biodiversidade.
É importante mercar nas tendas do barrio. As grandes superficies comerciais son moi dependentes dun modelo de transportes enormemente devorador de enerxía, e ademais supoñen unhas condicións laborais inxustas para moitas persoas. Hai tendas onde se poden obter produtos con garantías de que foron producidos de maneira ecolóxica e pagando un prezo digno aos produtores, son as tendas de comercio xusto.
Tamén é imprescindible non mercar peles. Nin cosméticos que usen animais para a súa experimentación.
– É imprescindible non esnaquizar, os abetos e outras pináceas convertéronse nun obxecto de consumo de usar e tirar, que vai do monte ou o viveiro ao vertedoiro. Chama a atención que haxa viveiros dedicados exclusivamente á produción de árbores que van ao lixo (ao redor de 2.000.000 ao ano), nun país erosionado e con graves riscos de desertificación
Outros adornos do Nadal supoñen tamén enormes impactos. A utilización ornamental dos acivros en Nadal conduciu a que se atopen en grave perigo de desaparición, cos graves danos que isto supón para o ecosistema no que se desenvolven. Isto mesmo ocorre co musgo, que utilizan como adorno en beléns.
Por último, a febre consumista chegou a outras especies vexetais, como os ruscos , o musgo ou o muérdago, que están a ser colleitadas de forma insustentable.
Otero Regal


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



