Nota de prensa
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal de Foz-Lugo, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPOÑEN:
Que este fin de semana, realizouse de igual xeito que outros anos o Festival do Asilo de anciáns de Foz, un evento que consideramos acertado se siga mantendo por tradición e porque é unha forma da facer unha pequena homenaxe as persoas que están nesta institución e xerar unha ilusión puntual na súas vidas
UNIFOZ considera que o diñeiro recadada no festival débese empregar para mercar agasallos para os internos, e segundo a tradición que sexas as súas Maxestades que lle los entreguen o día 5 de xaneiro na visita que fan ao Asilo , así pois queremos solicitarlle tome en consideración o exposto , e empregue o diñeiro recadado no mencionado Festival para mercar agasallos para os residentes do Centro..