Nota de prensa
Despois de case seis meses de goberno do PP en Foz, temos que seguir calificando como SUSPENSO, e por conseguinte seis meses perdidos na xestión do noso Concello.
Sen iniciativa, sen diálogo, incumprimento da lei, abuso de autoridade, e falta de consideración cos grupos da oposición, xustifican o anterior calificativo.
UNIFOZ, quere dicirlle ao PP de Foz, e de forma máis particular ao E. Goberno que si as cousas non saen a diante nos Plenos é porque este goberno non sabe gobernar.
Gobernar é :administrar, consensuar, organizar….. e estes Srs. non o están a facer.
Adícanse a traer ao Pleno propostas das empresas concesionarias e cargarlle máis impostos aos cidadáns como si a única preocupación deste goberno fora ter máis cartos a costa de subir impostos sen máis, coa finalidade de privatizar servizos (cursos manualidades, xardinería, limpeza aceras…..).
O PP de Foz, so busca sete votos para aprobar as súas propostas, pero non quere diálogo ni consenso político.
UNIFOZ, considera que as empresas concesionarias teñen dereito a reclamar a regularización dos prezos dos servizos, pero esas peticións deberán estar contrastadas por informes técnicos municipais, e despois facer o que corresponda.
Para que quere o E.Goberno máis ingresos???
Como é posible que digan que non hai cartos no Concello e que lle preocupa pagar aos provedores e despois contrate a dedo por 43.000 € unha empresa de fora do Concello para traballos de xardinería, ou unha tamén de fora do Concello para limpar as beirarrúas mentres os traballadores do Concello están limpando a capela da Espiñeira.?
Non sería máis fácil organizar a plantilla municipal para facer eses traballos, tendo en conta que hai case 70 persoas traballando no concello dos que tres son xardineiros, por exemplo….
Como é posible que diga que non hai cartos e na organización das festas deixe un déficit estimado de 60.000 € (aínda que non o podemos saber realmente porque non nos foron entregadas as contas despois de fai máis dun mes que as pedimos).
O Concello de Foz, necesita un proxecto económico sostible económicamente e iso chamase ORZAMENTOS MUNICIPAIS, onde se contemplen máis ingresos, pero en especial CONTENCIÓN DO GASTO, aforro enerxético en edificios públicos, alumeado despois da media noite….
Uns Orzamentos, onde se recollan a modificación de taxas como a da auga, a do lixo, a dos bados…….pero tamén necesita un plan de aforro, e necesita un plan de inversión que marque unha dirección a este pobo, a onde queremos ir, no eido do comercio, turismo, e de servizos municipais….
Uns Orzamentos con consenso, e onde figure claramente o fortalecemento dos servizos para as persoas que máis o necesitan.
O Sr. Castiñeira quere un cheque en branco, quere ter máis ingresos con máis impostos aos cidadáns aínda que non teñan debidamente xustificados para ter máis crédito e gastar ao seu antoxo e para iso necesita 7 concelleiros do PP, para iso necesitaba sacar nas pasadas eleccións municipais o mesmo resultado que sacou o Sr. Rajoy en Foz, pero como iso non é posible, pois terá que gobernar con algún grupo da oposición queira ou non queira.
UNIFOZ, dixo dende o primeiro día estar en disposición de axudar a gobernar, como o demostra que en seis meses de lexislatura presentou en pleno 19 iniciativas, 19 ideas e propostas para traballar por Foz.
A postura de UNIFOZ no pasado pleno xa coñecida polo E.Goberno antes do mesmo, foi contraria a do E.Goberno nos seguintes apartados:
-Préstamo ICO de 335.000 €, pois entendemos que iso é empeñar máis o Concello (44.000 €) e entendemos que o novo goberno do PP dixo que sacaría un mellor crédito para os concellos, e temos que engadir o que di o informe de intervención:
“…esta operación de crédito ….non soluciona o problema de fondo que se manifesta nas dificultades de tesourería,….Simplemente outorga un parche de liquidez…..e que, se non se toman medidas concretas de redución e control do gasto superfluo sobre todo de natureza corrente e/ou medidas para incrementar os ingresos, non servirá de nada”
-Taxa saneamento, entendemos que hai que tentar de que a colla a Xunta igual que no Valadouro, pois é esta a que deseña e instala as depuradores, e tamén que ten que controlar o bo funcionamento, e si non se consigue,: haberá que negociar coa empresa para tentar de mellorar as condicións e que iso poda supoñer unha taxa menor para os veciños.
Prezo de auga +20%, entendemos que non están debidamente xustificados todos os argumentos, e segundo os informes técnicos, entendemos tamén que a empresa ten menos mantemento, pois a rede é case toda nova, en todo caso o lóxico podía ser aplicar ese 20% a dous anos para os veciños.
Prezo de Piscina polo Spa + 10%, entendemos que o SPA, non pode supoñer máis prezo para todos os usuarios da piscina, tería que recaer nos que utilizan o Spa, e en todo caso o informe creo non está ben feito,nin contrastado polos técnicos municipais………..
Tamén merece mención especial, a proposta que UNIFOZ fixo en defensa dos intereses dos veciños de San Acisclo, e de forma particular en contra dunha decisión unilateral do Alcalde encontra da opinión xeral dos veciños instalando unha marquesiña irregularmente.
UNIFOZ, tamén quere clarificar ante os cidadáns que UNIFOZ non é Jaime Cancio, e que unha cousa é que o Sr. Rivera e J. Cancio tiveran dificultades de entendemento no pasado, e outra é que o PSOE e UNIFOZ, podan chegar a acordos puntuais no futuro.
Un programa para Foz, preto de 1.300 votos, 16 persoas dunha lista en sentido horizontal é un G.M. formado por Ana López, Ángeles Veiga, e Jaime Cancio.,….isto todo é UNIFOZ, a as súas decisións son e serán pensando no presente e no futuro de Foz.
A este E. Goberno parece que lle queda moi grande gobernar o concello de Foz, tanto en iniciativa como en organización, pero sobre todo en CONSENSO e DIÁLOGO político, pois goberna en forma de martelo, e neste apartado, sería bo que tomara nota doutros concellos da comarca que aínda que non teñen maioría si son quen de consensuar e avanzar.
UNIFOZ, tamén anuncia, que está disposto a acudir aos tribunais en caso de que este goberno siga incumprindo o que di o ROF (R.D.2568/1986) de entregarnos a documentación solicitada en tempo e forma, ou ante o incumprimento de acordos plenarios.
PPlenos
| DATA DE PLENO | ACORDOS PLENARIOS | REALIZADO | ROGOS PRESENTADOS | REALIZADO |
| 28-Xullo-2011 | Moción:Lugo-emprega | Plan emprego municipal | ||
| 29-Sept.-2011 | Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira | Atención ciudadana viaria | ||
| 29-Sept.-2011 | Moción:remate obras Avd.Vicedo | Aparcamento discapacitados centro de saúde | si | |
| 29-Sept.-2011 | Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega | Reponer duchas praia da Rapadoira | si | |
| 29-Sept.-2001 | Moción:mellora acceso carretera cemiterio | Plan de limpeza viaria | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira | Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro | Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte) | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores | Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois) | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro | Cambiar a marquesina en S.Acisclo | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar | Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos | Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños |
| DATA DE PLENO | ACORDOS PLENARIOS | REALIZADO | ROGOS PRESENTADOS | REALIZADO |
| 28-Xullo-2011 | Moción:Lugo-emprega | Plan emprego municipal | ||
| 29-Sept.-2011 | Moción:proxecto cruce carretera Cangas/Ferreira | Atención ciudadana viaria | ||
| 29-Sept.-2011 | Moción:remate obras Avd.Vicedo | Aparcamento discapacitados centro de saúde | si | |
| 29-Sept.-2011 | Moción:reparación de camiños em Mansín,Veiga da Sara,do Pereiro ou da Fiallega | Reponer duchas praia da Rapadoira | si | |
| 29-Sept.-2001 | Moción:mellora acceso carretera cemiterio | Plan de limpeza viaria | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:beirrarúa ou arcén carretera Vilaronte/Espiñeira | Aparcamento discapacitados na c.cultura,c.social e cenima | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:limpeza do cauce e entorno do Río Ouro | Repoñer cartel nas Areosas(Vilaronte) | ||
| 25-Outubro-2011 | Moción:cambio da partida da Deputación para proxecto da residencia de maiores | Tomar medidas para que haxa caudal de auga na Barrosa(Nois) | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a realizar um plan de actuación para a Frouxeira e os Castros de Fazouro | Cambiar a marquesina en S.Acisclo | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a ampliar a partida para axuda no fogar | Solicitar reunión de novo côa conselleira de sanidade | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción:Instar a Xunta a fortalecer a área sanitária e dotala de mellores servizos | Rogar a delegación de cultura mellor organización nos cursos | ||
| 24-Novembro-2011 | Moción de urxencia:Instar a Xunta para solicitar a cesión do terreo en San Acisclo para ser empregado como lugar de lecer para os veciños | |||
ESCRITOS
| 17-Novembro-2011 | Solicitamos se proceda ao cambio de emprazamento da mencionada marquesiña | |
| 27-Novembro-2011 | Solicitamos copia do listado maior do rexistro do Concello donde se recollen entradas e saídas de documentos do 20 de Setembro 2011 ao 27 Setembro 2011 | |
| 27-Novembro-2011 | Solicitamos:-Copia do proxecto de acondicionamento e mellora de espazos verdes redactado por Vanesa Iglesias.-Copia informe jurídico 11 Novembro sobre contrato de obra redactado por Vanesa Iglesias.-Copia de oferta realizada por Tecnixardín.-Copias de ofertas doutras empresas para mellora dos espazos verdes.-Copia de informe de intervención data 14 Novembro de reparos em facturas IG 10 Sports.Copia de intervención data 11 de Outubro.-Copia de intervención data 26 de outubro de reparo em nominas.-Copia de intervención datas:25 de outubro,30 de setembro,23 de agosto,6 de outubro e 13 de outubro.-Copia de notificaciónpola conselleria de médio rural,dirección xeral de desenvolvemento |


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



