Untamanteigas
Como no 96, agora virá (aparentemente) a calma. De novo o PP logrou o seu obxectivo. Mariano Rajoy, por moito que lle poida proer a algúns do seu partido, xa é presidente do goberno. Non é que albergue moitas esperanzas pero, aínda que sexa por cortesía, vaian por diante os meus desexos de acerto no seu labor de goberno. Corren malos tempos e hanos facer boa falta sabedoría e prudencia na acción de goberno. Tamén sería de desexar no seu contorno. Pero pintan bastos.
Xa o martes puidemos comprobar como na nova do trixésimo aniversario da constitución do Parlamento Galego se lle daba máis protagonismo ao señor Rajoy que a outras persoas que participaran no mesmo e que desempeñaran un papel moito máis relevante que o seu en dito acto inaugural. Pero todo sexa facerlle as beiras ao novo señor. Por certo, que foi da prima aquela dun tal Risco? E dos prazos do AVE? Morra o conto, rapaz; déixate de lerias, que agora tocan outras cousas. Ou ti non entendes?!
Non contentos con nos querer facer tragar unha cunca de caldo ás atregoadas, e con unto ben rancio, aínda para mesmiño despois da investidura do señor Rajoy tíñannos preparados uns callos de vaca vella (e ben vella). Velaí ao primeiro galego presidindo o goberno español. Toque a rebato: todos firmes! A partir de agora, todo resolto para o noso país. Que temos recomendación! Trifásico!!! Pero é que xa non lembran ao señor Calvo Sotelo? Non é que queira caer en localismos barateiros e estériles, pero non se pode ignorar un dato tan básico. Sobre todo, cando hai pouco tempo se cubriu a noticia do seu pasamento dando cumprida información do seu labor como presidente do goberno aló polos anos 81 e 82.
Este é un dos graves problemas ao que se pode ter que enfrontar todo gobernante. Os untamanteigas que che enchen a cabeza de vento, fanche a rosca, pásanche a man polo ombreiro e ólenche os peidos. É tan deprimente o ambiente que conseguen crear no seu contorno que podes acabar vendo ôhilillos de plastilinaö onde todo é chapapote. Mesmo poden lograr que un paisano teu te escoite dicir aquilo de que o barco vai aló no quinto pino e o vexa á beira da súa casa. Non creo que faga falla borrar o pasado para dignificar o presente. Ben orgullosos poden estar do señor Rajoy no PP, pero non queiran reescribir a historia.
Farruco GRAÑA


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



