URDANGARÍN E OUTRAS HERBAS
É Iñaki Urdangarín culpable ou inocente? É o xenro do Rei e Duque de Palma, un “home de palla” do xefe da manada? É o xefe da manada o que veu ensinando aos seus “cachorros” a comportarse ante a sociedade con bos modos e maneiras, pero sen que non se lles esqueza nunca de que non só de pan e de gravatas vive o home? O xenro de Xoán Carlos xestiona estes días como zafarse do rectángulo enmarañado onde el mesmo meteuse de maneira voluntaria ou cumprindo, presuntamente, co deber do bo servidor da “patriota” que un día se fixou nos seus ollos azuis para que cegase e utilizase ao Instituto Noos e outros entes similares como plataforma de presuntos negocios familiares?
Urdangarín, segundo estamos a observar cada minuto que pasa, parece estar até o seu propio pescozo cheo de lixo institucional contaminado. E privada tamén. Pois, á vista do que imos sabendo de fontes xudiciais e da investigación, o aínda Duque de Palma flirteaba con todos e con todas á hora de sacar proveito persoal ou colectivo supostamente en nome da Coroa. Unha Coroa á que lle saíu espiñas e moitas interrogantes. Até o extremo que, da noite para a mañá, decidiu que o pobo español saiba que fai o Rei e toda a súa corte cos 8 millóns de Euros anuais que o Estado español regálalle para os seus gastos diarios e o mantemento do pequeno xardín da Zarzuela e a súa horta de cenorias?
Ten o Rei e a súa familia patrimonio privado, da súa propiedade, tanto en España como no estranxeiro? Cantas casas e outras leiras posúe a familia real que até o día da data non coñezamos os españois nin, se cadra, o propio Goberno de España?..nin o ministerio de Economía e Facenda? Sería moi saudable e esclarecedor que a Casa Real e os seus asesores expertos en transparencia publicasen toda a verdade sen maquillaxe, sen trampa nin cartón. Pois todos somos iguais ante a lei á hora de pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) e outros impostos que, se cadra, repito, até hoxe non pagou Xoan Carlos e a súa familia por aquilo de: “como eu son o Rei”. ¿Paga ou non paga o Rei os impostos que paga todo cidadán de lei? Que o Rei os publique e nolo demostre.
O Rei Xoan Carlos apresurouse a apartar a Iñaki Urdangarín do contorno da Zarzuela e prohibiulle que asista a actos institucionais e que fale en nome da Coroa. Ese golpe de efecto interpretouse como un “golpe” de autoridade do monarca para pór orde no desconcerto que reinaba dentro do palacio e nos medios informativos que, dunha maneira ou outra, esixían o cesamento inmediato do que segue sendo Duque de Palma cobrando un suculento soldo sen dar un pau á auga, dos impostos que pagamos todos os españois. Agora ben: prexudica o “caso” Urdangarín á Coroa ou a España como país? ¿Quen é o “xefe da manada” para o que, presuntamente, traballaba o Duque de Palma e os seus achegados? Se Urdangarín actuaba como pantalla ou como “home de palla” dun poderoso oculto nunha máscara, bo sería que o confesase ante o xuíz dando nome e apelidos cando, como é de esperar e como é desexo de todos os españois, sexa chamado a declarar para defender a súa presunción de inocencia ou sexa declarado culpable. Caia quen caia.
Por todo isto, e outras moitas cousas eu son republicano, e espero, co sorriso nos beizos, a terceira, pois a terceira vai a vencida, di o refrán.
Otero Regal


















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



