NOTA DE PRENSA
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 10ª TIRADA
(Centro Social de Lago – Sábado, 14 xaneiro de 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (14 XANEIRO 2012 ) 34 INSCRITOS: 20 NA LIGA SENIOR, 6 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 229 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 189 | 10 |
| TERCEIRO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 174 | 8 |
| CUARTO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 171 | 7 |
| QUINTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 167 | 6 |
| SEXTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 151 | 5 |
| SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 149 | 4 |
| OITAVO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 144 | 3 |
| NOVENO | RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ | 142 | 2 |
| DÉCIMO | JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ | 140 | 1 |
| MELLOR BOLADA | LUIS RANCAÑO BOUSO | 84 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 99 | 6 |
| SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 81 | 4 |
| TERCEIRO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 63 | 3 |
| CUARTO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 55 | 2 |
| QUINTO | LARA RODRÍGUE BAÑO | 40 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 46 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROCUO | 97 | 6 |
| SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 67 | 4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 52 | 3 |
| CUARTO | CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA | 39 | 2 |
| QUINTO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 28 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 43 | 1 |
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 34 inscritos, 20 na Liga Senior e 8 na Liga Feminina e 6 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Extraordinaria a victoria obtida por LUIS RANCAÑO, sacándolle nada máis e nada menos que 40 puntos ao segundo, que foi José Manuel Cociña Rivera con 189 puntos. Temos que decir que nos alegramos moito por Luis, xa que dende a tirada celebrada o pasado 22 de outubro en San Isidoro de Monte non participaba no campionato, debido a que se tivo que operar e estivo ata agora recuperándose e facendo rehabilitación. Superada esta coxuntura, Luis volveu con moita forza e pasa da 11ª posición á 5ª grazas aos puntos obtidos en Lago. Estamos seguros que de aquí ao remate do campionato Luis vai animar moito o torneo. Polo resto, líder continúa Arturo Vigo que incrementa nun punto a súa vantaxe sobre o segundo que sigue a ser Francisco Rodríguez con 56 puntos. Terceiro temos a José Rafael González con 42 puntos e quinto ao xa citado Luis Rancaño.
Liga Senior Feminina.- Continúa líder Carmen Roca con 43 puntos, seis máis que Dolores Baño e Belén Meitín. Esta última foi a gañadora, o que lle permite empatar nesa segunda posición, ambas con 37 puntos. Xa moi alonxadas, Leonor Quelle e Concepción Piñeiro con 12, Carmen Martínez con 11 e Salomé Bermúdez con 10, inda que esta última leva varias semanas sen participar xa que se está a recuperar dunha lesión.
Liga Sub 16.- Terceira victoria consecutiva de Salomé Cardoso, quen leva camiño de revalidar victoria final. Grazas aos puntos acadados en Lago, xa ten 49 puntos, dez máis que Daniel López, segundo con 39 puntos, seguido do irmán de Salomé, Isaias Cardoso que ten 38. Xa moi alonxados Lara Rodríguez e Cristóbal Rivas con 9 puntos e Gonzalo Fernández con 8.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 21 DE XANEIRO NO CLUS SOCIAL DE PALMEIRO.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
