A concelleira de Turismo de Ribadeo recolleu os distintivo de Q de calidade da praias de As Catedrais e Os Castros Illas en Fitur
Nota de prensa
ANA MARTÍNEZ RECOLLEU EN MADRID AS Q DE CALIDADE TURÍSTICA QUE RECIBIRON AS PRAIAS DE AS CATEDRAIS E OS CASTROS/ILLAS.
Ribadeo, 20 de xaneiro de 2012. A concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez, recolleu en Fitur esta mañá as Q de calidade turística que reciben as praias de As Catedrais e Os Castros/Illas. Martínez asegurou que se trata dun recoñecemento ao importante traballo que se realiza desde o Concello de Ribadeo pola preservación do medio ambiente e para atraer turismo a esta zona.
A edil nacionalista sinalou que “un ano máis vimos a recibir a Q de calidade turística para as nosas praias de As Catedrais e Os Castros/Illas, algo que ven recoñecer o noso traballo a favor do turismo e o medio ambiente para atraer e facilitar que esta xente que nos visita poida disfrutar duns servizos de calidade ademáis do noso entorno que xa de por sí é espectacular”.
Ana Martínez subliñou “a Q de calidade turística, en definitiva, ven avalar o esforzo que desde o Concello se está a realizar para atraer a visitantes hacia a Ribadeo e hacia as nosas praias”.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



