EMPREGO NA MARIÑA
No porto de Burela acometéronse moitas obras importantes nos últimos tempos, sendo a que máis destaca o aumento do peirao, que permitiu pasar de atraques de tres mil toneladas a atraques de oito mil toneladas, abríndose unha oportunidade extraordinaria para o desenvolvemento dun porto comercial que complementa en positivo ó porto pesqueiro que xa viña sendo un referente no litoral cantábrico.
Esta obra no porto, que beneficia moito as posibilidades económicas e sociais de Burela, foi inspirada e solicitada, entre outros, pola empresa ECESA, que realiza a súa actividade no noso concello. Querían contar con maiores posibilidades de atraque para poder atender con garantías os pedidos que viñan do exterior, sobre todo de Noruega, e desta maneira contribuír a consolidar a empresa e mellorar as posibilidades de produción e emprego.
Tiñan un proxecto de modernización con tecnoloxía punteira para unha nova planta de transformación ó pe das minas, o que contribuiría por un lado, a mellorar a produción, e, por outro, a un menor gasto medio ambiental. En Burela ganaríamos espazo, silencio e posibilidades de crear oportunidades urbanísticas, comerciais e recreativas.
É triste a situación actual de ECESA, que vive uns momentos que nos preocupan a todos, derivados dunhas circunstancias que a están levando a un futuro incerto.
Unha empresa tan vinculada a Burela, que leva tantos anos formando parte da paisaxe deste concello (é protagonista en todas as fotos antigas), que empregou e emprega a moita xente, e que popularizou o emprego do caolín, non pode sentir ameazado o seu futuro.
Sendo a crise financeira o principal pretexto, vemos como moitas empresas do tecido comercial industrial da Mariña están presentando ERES, pechando definitivamente, ou reducindo considerablemente actividade e persoal. Como si dun fenómeno natural se tratara, somos testemuñas pasivas dunha desintegración do noso patrimonio produtivo (Gres Burela, Construcións Mon, Mobles Hermida, Ecar, Ecesa….) sen que asome, nin de lonxe, unha solución que equilibre esta situación.
A defensa dos postos de traballo e empresas é responsabilidade colectiva, é de todos. Hai que implicarse, de maneira positiva, en manter as condicións de funcionamento dos centros de traballo. A responsabilidade colectiva é, tamén, beneficio colectivo.
Pero a responsabilidade directa hai que buscala e esixila nos directivos e xestores que deben aplicar todas as súas dotes para evitar desmantelamentos e peches, demostrando capacidade e recursos para dispersar fraquezas e egoísmos.
A administración, que está concentrada en aplicar recortes, mermar servizos e subir impostos, pouco está a facer para garantir a supervivencia das empresas con problemas. É curioso que, cando todos os expertos en sociedades e economías, opinan que as políticas de recortes, despidos, apertón ós contribuíntes e rebaixas sociais non se deben aplicar en tempos de recesión, as administracións (Xunta, Goberno) fagan todo o contrario. É responsabilidade das institucións aportar solucións, mediar, demostrar recursos, defender a base social e económica do País e non escudarse constantemente na cansiña crise financeira.
O conxunto das empresas da comarca da Mariña non só crean emprego e riqueza coa súa actividade, Tamén contribúen ó desenvolvemento global, como é o caso de ECESA.
Hai que esixir e esixirnos para non perder o que tanto costa gañar. A solidariedade xera confianza.A confianza, futuro.
Alfredo Llano García



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



