Nota de prensa
INTENSA ACTIVIDADE DO DÍA DO NENO EN XOVE
Hoxe, víspera de Reis, é o gran día para tódolos nenos/as e rapaces/as do noso Concello. O Programa que a Concellería de Cultura preparou para esta data tan entrañable é extenso e sobretodo intenso. Comezamos as actividades pola mañá na Piscina Municipal con XOGOS ACUÁTICOS, os cales desenvolvéronse dende as 11:00 ás 14:00 horas e das 16:30 ás 18:30 horas.
Seguindo con xogos, dende as 16:30 ás 18:30 horas pudieron disfrutar no Pavillón Municipal de Deportes dunha festa con INCHABLES como “La Granja”, “Pista Americana”, “Futbolín Humano”, “Tobogán 2 Rampas”, “Cárcel”, “Platanito” e “Casa Paiaso”. Tamén contou esta Festa cun “Toro Mecánico” e dous obradoiros, un de chapas e outro de globos.
Ás 19:00 horas, comezou a Cabalgata de Reis, na cal os reis de Oriente saindo da zona do Campo Municipal de Fútbol percorreron as rúas de Xove, pasando polo rúa Acceso Grupo Escolar, cortando pola Avenida Deputación e percorrendo a maior parte da mesma, desviándose á esquerda por Doutor Baamonde Illade para cegar á Rúa Camiño Real, e dahí seguido ata o Pavillón, onde os Reis tiñan instalados os seus Tronos. Na Cabalgata, os Reis viñan cada un na súa carroza, acompañados por outras tantas onde ían os regalos, así como os paxes correspondentes a cada Rei.
Xa no Pavillón, estiveron atendendo a un montón nenos/as, e aproveitaron tamén para entregar os premios do CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2011-2012, premios que recolleron un total de 16 nenos/as e rapaces/as. Recordamos que unha das postales gañadoras neste Concurso vai ser utilizada polo Concello como Felicitación de Nadal para o vindeiro Nadal 2012-2013.
Despois da marcha dos Reis a outros lugares, continuou a Festa con hinchables e outros xogos no Pavillón ata as 23:00 horas, podendo así disfrutar os nenos e rapaces dun bó rato máis de xogos.
Decir, por último, que todas estas actividades organizadas polo Concello a través da Concellería de Cultura, tiveron un carácter totalmente libre e gratuito.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



