Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
A Fundación TIC apoia o labor de Preescolar na Casa na loita contra o despoboamento no rural
– A TIC e Preescolar na Casa renovan o convenio para a elaboración de produtos audiovisuais que difunden o modelo educativo da entidade, nacida en Lugo hai 34 anos, e que o ano pasado atendeu a preto 4.000 nenos
– Gómez Besteiro destaca a importancia desta colaboración, á que se engaden os 42.000 euros achegados pola Deputación no 2011, “nun momento especialmente crítico para a educación dos nosos rapaces debido ós recortes da Xunta”.
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e a Presidenta da Fundación Preescolar na Casa, María Soledad Fernández Rocha, renovaron este venres o convenio de colaboración para a elaboración de programas de radio e produtos audivisuais co obxectivo de contribuír a difundir o labor que está a desenvolver esta entidade sen ánimo de lucro e completar a formación práctica dos bolseiros da Escola de Imaxe e Son de cara a súa inserción laboral.
Grazas a este convenio, a TIC aporta as súas instalacións e medios técnicos, así como un equipo de profesionais e bolseiros, para a elaboración do programa educativo que Preescolar na Casa emite na Radio Galega os domingos ás 8:30 da mañá. Ademais, estase á espera de que se renoven os acordos para a realización dun programa de 15 minutos, integramente gravado nos estudos da TIC, que nos últimos anos se viña emitindo en Radio Principal Cadena Ser Vilalba e Monforte e na Radio Municipal de Quiroga.
Máis de 41.000 euros en outras axudas
Nos últimos tempos, a Xunta vén aplicando severos recortes no programa, fronte ós que a Deputación mantén unha aposta firme por esta iniciativa lucense. Mostra delo é que, ademais deste convenio, a institución aportou axudas por valor de 42.000 euros durante o 2011, destinados a levar a cabo a programación e desenvolvemento, así como a adquisición de material, dos chamados “Espazos da Familia” dirixidos á zona da Montaña lucense. Estes “Espazos” constitúen un servizo de orientación a familias, e neles traballan o 75% dos profesionais desta Fundación. O seu obxectivo principal é mediar na interacción entre adultos e nenos, tendo en conta a realidade socioeducativa galega, sobre todo do medio rural, que é o seu principal ámbito de actuación.
O responsable provincial subliñou que “dende esta institución apoiamos a Preescolar na Casa, unha iniciativa nacida en Lugo hai 34 anos, que se convertíu en referente educativo en toda Galicia e nun modelo de prestixio internacional baseado na parentalidade positiva”. Gómez Besteiro destacou a importancia desta colaboración “nun momento especialmente crítico para a educación dos nosos rapaces debido ós recortes da Xunta, o que pon en perigo o seu futuro”. O Presidente da Fundación TIC apuntou que “o labor de Preescolar na Casa é agora máis importante que nunca, debido o grave problema de despoboamento no rural galego, moi especialmente na provincia Lugo. Dende a Deputación apostamos por calquera iniciativa que contribúa a asentar poboación na zona rural”.
Situación crítica
Os recortes no finanzamento por parte da Xunta de Galicia, sobre todo a supresión dos 500.000 euros da Consellería de Traballo e Benestar Social dos que se nutría fundamentalmente este proxecto, obrigou á posta en marcha dun Expediente de Regulación de Emprego no que 20 orientadores tiñan suspensión de contrato, 18 estaban a media xornada e só a 4 xornada completa.
Tras recibir unha subvención de 505.000 euros do Ministerio de Sanidade con cargo ó IRPF, Preescolar na Casa puido iniciar unha nota etapa e retomar os grupos de traballo que foran suspendidos en setembro. Un segundo ERE, que sustitúa ó anterior, implicou o despido de 11 traballadores, mentres que mantén a 31 contratados a tempo completo no que queda de curso e 9 funcionarios en comisión de servizos.
Un programa vangardista nacido en Lugo
Preescolar na Casa naceu en Lugo en 1977, froito da inquedanza social de Antonio Gandoy, cura de Cáritas Diocesanas, popularmente coñecido como o “crego da bicicleta”. Tratábase dun programa educativo vangardista baseado na parentalidade positiva, que reclamaba a implicación e participación dos pais e nais na educación dos seus fillos. Dirixido a familias do medio rural, tiña por obxectivo reducir os efectos negativos que a dispersión demográfica de Galicia tiña sobre os nenos en idade preescolar que vivían no rural con respecto ós das ciudades e vilas.
Na actualidade, o programa diversificou tanto o seu ámbito territorial como as persoas e colectivos atendidos, en toda a xeografía galega. No último curso atendeu preto de 4.000 familias con nenos de 0 a 3 anos.
A TIC ó servizo dos lucenses
A Fundación TIC ten asinados 50 convenios con empresas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. O principal obxectivo destes acordos é proporcionar experiencia laboral ós alumnos titulados na EIS para completar a súa formaicón e que poda acceder con máis facilidae a postos de traballos no sector audiovisual.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



