A HUMILDADE DE ISAAC
Suso Fernández
Apenas pasada unha semana do pasamento de Isaac Díaz Pardo, Galicia enteira ten expresado o seu pesar pola perda dun persoeiro que moitos temos polo meirande galego do século XX. Tódolos adxetivos encomiásticos foron aplicados á súa figura, coa que a nosa terra estará sempre en débeda pola súa contribución á cultura e a defensa dos intereses da mesma, pois a súa biografía é unha permanente loita, dende a cultura e dende a empresa, pola dignidade moral e material do noso pobo, e polo tanto un referente cultural, ético e político para a historia de Galicia.
Os eloxios á súa complexa personalidade son, en xeral, coincidentes; pero hai un concepto que, de xeito moi especial, todo o mundo lle atribue, mesmo aquelas persoas que tiveron con él unha mínima relación: o da súa proverbial humildade.
Este cronista, e coma él infinidade de galegos, poderían contar, e non parar,multitude de feitos e anécdotas que reflicten esa condición que expresaba de xeito expontáneo, con toda a naturalidade, porque era unha maneira de ser inherente á súa personalidade.
Antía Cal, ilustre pedagoga, orixinaria de Muras, recentemente galardonada co título de “Chairega de Honor”, que otorga o Instituto de Estudios Chairegos, que polo ano 60 fundou en Vigo o prestixoso Colexio Rosalía de Castro, emplazado na Gran Vía da cidade da Oliva, un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagógicas, casara co galeguista e reputado oftalmólogo Antón Beiras, falecido en 1968.
Hai uns anos a profesora publicou un fermosísimo libro autobiográfico, “Este camiño que fixemos xuntos”, que no capítulo que intitula “Memoria dalgúns amigos”, ao referirse a Isaac Díaz Pardo, dí: “ … a miña filla Bea, que daquela traballaba na Televisión de Galicia, contoume que un día dispuxeran na redación de ir facer unha entrevista a Isaac. Ela non o coñecía. Alá foron con todos os trebellos e, ao chegar ó Instituto Galego de Información, atoparon a un home con mandilón limpando non sei qué cousas, ao que tomaron por un empregado da limpeza. Preguntáronlle por Isaac Díaz Pardo e o home do mandilón contestoulles; “son eu!”.Así de humilde foi sempre. Traballador e xeneroso”.
Bea non coñecía a Isaac; pero é impensable que a xornalista acudise a entrevistalo sen previamente informarse mais ou menos exhaustivamente das características físicas e outras do personaxe. Pero ó atoparse ante persoa aparentemente tan insignificante a periodista nen á vista del o identificou… A sublime humildade que é patrimonio dos grandes homes.
Suso Fernández

















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



