O sábado, día 28 de xaneiro ás 22,00h no Restaurante Leytón de Foz, celebrarase a tradicional Cea – Baile de coroación da Raíña do Entroido de Foz, Alba Burundarena Otero que sustituirá a Sara Alonso Alonso, Raíña 2011. Alba Burundarena Otero será acompañada das damas: Marta Veiga Alonso e Nair García Lestegás. O menú consistirá en Sopa de Cocido – Cocido – Sobremesa de Entroido – Viños tinto e branco – Café. Ameniza: Mayel Trio. O prezo por tarxeta é 23 euros. Reserva de mesa e recollida de tarxetas, Restaurante Leytón, telefono 982 140 800 ou Casa da Cultura 982 140 675. A organización agradece que acudan todos disfrazados.





















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



