MORRE O INTELECTUAL GALEGUISTA ISAAC DÍAZ PARDO
O intelectual Galeguista,Isaac Diáz Pardo naceu en Santiago de Compostela en 1920, na casa da Tumbona, fillo do pintor escenógrafo Camilo Díaz Valiño. Na súa casa respirouse un ambiente artístico e intelectual, cando Isaac era un neno reuníanse os homes do Galeguismo,Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco entre outros.En 1936 implicouse na campaña do Estatuto de Autonomía, coa creación dalgúns carteis e afiches.”Rapaces para que a nosa terra sexa nosa vota o estatuto”. Iniciase así o seu compromiso con Galicia.
En 1939 trasladase a Madrid a estudar na escola superior de Artes, rematada a súa formación viaxa a Italia, onde visita os museos de Roma Siena e Florencia, o seu regreso inicia unha exposición na Coruña, Expoñendo a súa obra en Madrid e en Londres.
Fuxe do ambiente opresor dos anos da posguerra. En Xuño de 1945 casa con Carme Arias de Castro, coa que tivo tres fillos.
Nos anos cincuenta Isaac montou un laboratorio para estudar os caolíns que servían de materia prima ao vello Sargadelos, co fin de coñecer as súas virtudes e realizar unha cerámica moderna.
Comeza a funcionar cerámica do Castro o bo facer desta cerámica chegou o outro lado do atlántico e alí xunto con Núñez Bua montou na Arxentina a fabrica porcelanas Magdalena.
Comeza unha gran amizade con Luís Seoane, mantivo numerosas reunións con Seoane, Antonio Baltar, Arturo Cuadrador.
Fundaron o laboratorio de formas, o complexo Industrial de Sargadelos en 1968 Cerámica Sargadelos iniciaba as probas.
O laboratorio de formas solicitou a declaración de conxunto histórico artístico unha vez conseguido ,propiciou a constitución do Real patronato de Sargadelos.
Cerámica de Sargadelos cun exemplo de progreso industrial e social, as empregadas podían compaxinar a vida familiar e laboral, o que hoxe se coñece como conciliar.
Foi creado o Seminario de Sargadelos, que ten a función de control e investigación técnica da imaxe e comunicación, no mes de agosto de cada ano as xornadas estivais enchían Sargadelos de persoas de todo o mundo.
As primeiras pezas que se fixeron en Sargadelos foron unha xerra para meter a herba de namorar de San Andrés de teixido , e outras doce de personaxes galegos .
En Sargadelos fixéronse encontros estivais polos que pasaron todos os escritores galegos a dar unha conferencia.
Díaz Pardo tamén cultivou o ensaio e a critica, habería que subliñar os libros: xente do meu rueiro,Midas, o ángulo da pedra, el ceremista Arranz y su escuela, Galicia hoy , Paco pixiñas,el Marques de Sargadelos,Galicia hoy y el resto del mundo.
Debuxante e pintor, a súa destreza no procedemento controlando o debuxo, as veladuras,a luz e a cor, facilitoulle unha fama que o levou a realizar moitos traballos, entre os cales destacan, o concerto da zanfona, xentes que ollan,a nave espacial, xentes que van defender o veciño.
Expuxo no centro galego de Bos Aires , no centro lucense.Mantivo contacto con artistas no exilio, Luís Seoane, Laxeiro, Colmeiro,Leopoldo Novoa, Maruxa Mallo. Ademais de diversos traballos xornalísticos mantivo unha colaboración semanal coa Voz de Galicia.
Isaac Díaz Pardo levou a América a fotografía de Manuel Ferrol , un pai despedíndose do seu fillo nun porto de Galicia, anos mais tarde daría a volta o mundo, eran os tempos da emigración.
Como recoñecemento a súa traxectoria Isaac Díaz Pardo recibiu numerosos premios, distincións entre as que destacan: o Padrón de ouro, medalla de ouro e fillo predilecto da cidade de Santiago de Compostela, premio Otero Pedrallo, Insignia de ouro da Universidade de Compostela, Doutor Honoris causa polas facultades de bioloxía e Historia da Universidade de Santiago,Arquitecto Honorífico do colexio de Arquitectos de Galicia, Fillo Adoptivo de Cervo. Os que alí estivemos o dia 25 de febreiro do 2011 sentimos orgullo coa súa presenza e verbas de alguén que tanto fixo por Galicia en xeral e Cervo en particular.”LEVAREI CON GRAN ORGULLO QUE SE ACORDARAN DE MIN”, dixo Díaz Pardo.
Otero Pedrallo deixou escrito que Díaz Pardo é un mozo galego alumno da dor e do arte .
FRANCISCO E. MAYA SEOANE



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



