Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ VEN DE SOLICITAR MANTER UNHA ENTREVISTA CO CONSELLEIRO DE XUSTIZA CO FIN DE FALAR DO DEMANDADO XULGADO PARA RIBADEO.
Ribadeo, 27 de xaneiro de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, ven de solicitar manter unha entrevista urxente co conselleiro de Xustiza da Xunta, Alfonso Rueda, para analisar a situación actual do compromiso do goberno galego en relación coa conversión do xulgado de paz en xulgado de primeira instancia e instrucción.
O rexedor quere acudir a ese futuro encontro acompañado dos voceiros dos grupos políticos que teñen representación no Concello ribadense. Hai uns días o conselleiro aseguraba que a creación dun xulgado de primeira instancia en Ribadeo é un asunto complexo e que todo está pendente da reforma xudicial que realizará o novo goberno do Estado.
Hai preto de 45 anos que Ribadeo perdeu o seu xulgado de primeira instancia e nos últimos tempos foron moitas as xuntanzas e as xestións que se realizaron para tentar recuperalo