Nota de prensa
MURAS
O BNG denuncia que en Muras non hai parques nin xardíns, polo tanto non entende a nova dedicación exclusiva ao Tenente de Alcalde.
Propoñen aforrar 72.000 euros anuais en dedicacións exclusivas para dedicalo a política social.
Muras, 10 de xaneiro de 2012. Dende o BNG de Muras denunciase, logo de terse aprobada a dedicación exclusiva do Tenente de Alcalde no último pleno e que ven a sumarse á dedicación exclusiva do Alcalde o Sr. Issam Alnagm Azzam e do concelleiro encargado de Gandeiria e Agricultura, o mal uso que se fai do diñeiro público nun Concello de 766 habitantes censados e moitos menos residentes, cuxo último orzamento foi aprobado recentemente en 2.500.000 euros. O BNG considera un despropósito o gasto en dedicacións exclusivas que ascende a 99.800 euros brutos, gastos de seguridade social e dietas aparte. Os nacionalistas propoñen a eliminación do exceso de gasto do grupo de goberno para dedicar o aforro a servizos sociais.
Propoñen aforrar 72.000 euros anuais en dedicacións exclusivas para dedicalo a política social
Os nacionalistas propoñen, tendo en conta o contexto socio económico do concello e as carencias en política social “que se retiren as dúas dedicacións exclusivas; a do tenente de Alcalde e a do Responsable de Agricultura e Gandeiría, reducindo á metade a dedicación exclusiva do Alcalde , o que suporía un aforro de 72.000 euros anuais que debería dedicarse a reforzar o Servizo de Axuda no Fogar que se atopa desbordado e non dá cuberto tódalas demandas nun Concello tan envellecido como é o de Muras impulsando ademais un Servizo de Comida no Fogar para todas aquelas persoas dependentes que o precisen.”
O BNG de Muras denuncia que nos orzamentos municipais recóllese a contratación temporal dun xardineiro e agora apróbase a dedicación exclusiva como responsable de xardíns, instalacións deportivas e tesourería do Tenente de Alcalde, isto é visto polo BNG de Muras como unha tomadura de pelo pois no Concello non hai nin un só parque nin xardín, o de instalacións deportivas e un eufemismo, só hai un campo de fútbol ao que non se lle dá uso e entendemos que dedicación exclusiva por ser Tenente de Alcalde e tesoureiro é un exceso.
O alcalde trata de apagar con dedicacións exclusivas divisións dentro do grupo de goberno motivadas polo escuro proxecto da aldea etnográfica.
Dende o BNG local non entenden o continuo goteo de novas dedicacións exclusivas no concello, que critican con dureza, a non ser que o alcalde trate de apagar lumes internos dentro do seu grupo, “entendemos que isto ten que deberse ao pago de favores senón non ten explicación posíbel”. Os nacionalistas de Muras argumentan que “o alcalde trata de tapar disensións internas no grupo de goberno motivadas polas dúbidas sobre a legalidade do proxecto para a creación dunha aldea etnográfica no lugar de Carelle onde de momento a persoa mais beneficiada é o propio alcalde que vendeu ao concello do que é alcalde 109 fincas e seis inmobles das súa propiedade.”
En Muras hai necesidades moito mais urxentes que amañar que os problemas internos do PP
Con estas tres dedicacións exclusivas o Concello de Muras pasa a estar case á altura de calquera Concello ou capital galega de tamaño medio en canto ao número de dedicacións exclusivas, entendemos que é un insulto á intelixencia que se aproben dedicacións coma esta, cando existen outro tipo de necesidades sen cubrir no Concello e ante as cales a Alcaldía ou non fai nada ou mira cara outro lado. Os nacionalistas apuntan na “carencia de servizos sociais básicos para atender persoas en situación de dependencia ou casos de precariedade económica motivados pola actual crise económica.”
Dende o BNG Muras faise unha vez máis un chamamento á cordura ao Sr. Issam Alnagm Azzam para que rectifique na súa decisión de levar adiante as 3 dedicacións exclusivas, e dinlle que non todo é enriquecerse senón que hai que mirar polo servizo ás/ós veciñas/os.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



