Nota de prensa
O BURELA FS REGRESA ANTE O DIAMANTE RIOJA, CO DESAZO DA GRAVE LESIÓN DE LUCÍA
![]()
O Burela FS Pescados Rubén regresa á competición de Primeira e estrea 2012 o sábado en Vista Alegre (18.30 horas) ante o Diamante Rioja, co desazo da grave lesión de Lucía, tras o infortunio sufrido nun adestramento durante o Nadal. Nas últimas horas, o corpo médico do club confirmou a gravidade do diagnóstico, unha rotura completa de ligamento cruzado anterior que manterá a pichichi laranxa afastada das pistas probablemente ata finais da tempada.
Dende a oitava praza (16 puntos), as pupilas de Javier Pardeiro intentarán darlle continuidade ao bo xogo demostrado en Pamplona (Orvina 1-6) e brindarlle a vitoria a Lucía. O que fora equipo das laranxas Peque e Maite é décimo terceiro, con 9 puntos; ata o momento só conseguiu puntuar como local (Valladolid 2-1, UA Alicante 3-2 e Soto del Real 5-3).
“Estivemos adestrando ben durante o Nadal e volvemos con forza, aínda que algo tocados emocionalmente pola mala noticia de Lucía” dixo Javier Pardeiro, que insistiu en non subestimar o rival e na capacidade do Burela FS para loitar contra as adversidades: “Medímonos a un conxunto que non atravesa un bo momento pero está intentado mover o mercado para mellorar; ademais un dato a ter en conta é que na súa última cita a domicilio, ante o Ponte Ourense, foi por diante con 0-1 ata 8 minutos para o final. No que respecta ao noso traballo, rematamos o ano nunha boa liña, cun partido moi completo ante o Orvina, e temos que volver a ese camiño con máis ganas aínda se cabe para dedicarlle os tres puntos a Lucía” explicou o técnico laranxa.
Outro dos desaxustes nas filas burelistas para o sábado recae en Haydee, que arrastra dende hai días molestias de abductores. Segundo a información facilitada polo vestiario diamantino, “Bea Martín adestrou de forma individual para fortalecer o xeonllo e poder estar en plena forma para este partido. Será baixa Barbi por lesión”.
Sorteo Time Force. A entidade laranxa sorteará un Time Force, reloxo oficial da LNFS, o sábado 21 de xaneiro, coincidindo co seguinte encontro do Burela FS na casa, ante o Rubi. As rifas poderanse adquirir no pavillón Vista Alegre este mesmo sábado e nas oficinas do CD Burela FS (Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ao prezo de 2 euros.
Calendario Laranxa 2012. O sábado tamén estará dispoñible no pavillón o Calendario Laranxa 2012, no que colaboran a xoiería Kessarys, Autos Morán, Concello de Burela, Alain Afflelou Óptico, confeitería Anduriña, Limpezas Lema, Grupo Chave de Ouro, Pescados Rubén, librería Cadernos, Living Sport, Palacio de Cristal e Sex Place. O almanaque, que inclúe a axenda ligueira dos equipos burelistas de Primeira División Feminina e Segunda División Masculina e un póster central coa foto da familia laranxa, tamén se pode adquirir nas oficinas do club e nas librerías burelás Cadernos, Auma, Atril, Quiosco Alicia e Espacio Lector Nobel, ademais da empresa colaboradora Alain Afflelou (prezo simbólico: 2 euros).




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
