Nota de prensa:
O CLUB NÁUTICO DE RIBADEO SACARÁ A CONCURSO NAS VINDEIRAS SEMANAS A ADXUDICACIÓN E MANTEMENTO DA MARINA SECA. ÉSTE É UN DOS PROXECTOS PARA O 2012 QUE DABA A COÑECER NAS ÚLTIMAS HORAS MARIO COTO, O PRESIDENTE DA ENTIDADE. ADEMÁIS TAMÉN ANUNCIABA QUE NON HABERÁ INCREMENTO DAS CUOTAS PARA OS SOCIOS.
Ribadeo, 3 de enero de 2012. A directiva do Club Náutico de Ribadeo ten en marcha varios proxectos para os vindeiros meses. O presidente, Mario Coto, ven de anunciar que nunhas semanas se procederá a sacar a concurso a adxudicación e mantemento da marina seca e que segue en marcha a intención de abrir un restaurante no edificio da entidade. O máximo responsable do CNR subliña que non haberá incremento para as cuotas dos socios neste 2012, que será ano de eleccións no Club Náutico de Ribadeo.
Coto adiantou que “neste 2012 a directiva ten en proxecto moitas cousas, como se soe decir o movimento demóstrase andando, o que fixemos no 2011 é difícil de superar, pero o que temos en mente para facer suporá que senon superamos igualaremos ao ano pasado”.
O presidente do Club Náutico de Ribadeo dixo que “éste será un ano de eleccións para o CNR e aí cando remate a última asamblea desta presidencia daremos conta de todo o realizado. Penso e creo que estaremos ao nivel”.
Mario Coto avanzou algúns dos asuntos nos que traballa o seu equipo para os primeiros meses deste 2012 e dixo que haberá cambios no funcionamento interno da entidade, “nas oficinas hai dúas persoas, unha que traballaba a media xornada e que pasará a facelo a xornada completa, e outra que asumirá novas funcións a partires de agora”. O responsable do CNR lembrou todo o traballo realizado, “os cursos de titulín, per e patrón de iate, que aínda están tendo lugar… queremos seguir nesa liña e queremos potenciar moito a Escuela de Vela, a pesca e o buceo. Queremos darlle realce e moita importancia a todo esto”.
O obxectivo de Mario Coto e da directiva do Club Náutico de Ribadeo “é fomentar todos os recusos que temos, porque aínda non están explotados. Ribadeo ten un potencial enorme, é un punto de referencia turístico e todo eso temos que aproveitalo e arrastrar ao resto da xente. Queremos que os nenos veñan a optimist, que os nenos dos socios disfruten de moitas actividades, queremos que todo esto siga a medrar. Todo esto redundará en que os gastos serán menores. Teremos máis nenos, coas mesmas taxas, porque non estamos pensando en subidas, tampouco haberá incrementos das cuotas sociais dos socios, aínda que temos as máis baratas da zona”. O presidente do CNR subliñou que “o club está saneado, non temos problemas económicos neste momento afortunadamente”. E engadiu que “tamén traballaremos na organización de actividades conxuntas cos outros clubes náuticos da costa de Lugo, queremos que os nenos disfruten e para eso contamos co apoio da Federación Galega de Vela, da que eu son vicepresidente”.
Circuito de turismo
Mario Coto lembrou neste inicio de 2012 que “hai unha petición enriba da mesa a Portos de Galicia para crear unha zona ou circuito de ocio e turismo nos actuais casetos dos pescadores. O Club Náutico leva o nome de Ribadeo polo mundo adiante nas diferentes competicións nas que participa e nos eventos aos que acude e todos debemos traballar e remar no mesmo sentido, desde todos os ámbitos”.
Nas vindeiras semanas o Club Náutico de Ribadeo sacará a concurso a adxudicación e mantemento da marina seca, “onde os socios depositan os barcos, os lavan e os pintan. Eles, os socios, quedarán cos mesmos dereitos que teñen na actualidade co Club Náutico de Ribadeo, só que a marina seca estará rexida por unha náutica profesional e especializada co seu risco e ventura”.
O presidente do CNR tamén aludiu á posta en marcha dun restaurante no edificio da entidade, “estamos nunha moi mala época, Ribadeo, Galicia e España vendemos turismo, estamos nos tempos nos que estamos, pero podo asegurar que ese proxecto está en marcha, o de crear un restaurante no edificio do Club Náutico. Hai tres persoas moi interesadas en que saquemos a concurso esa instalación. Desde o CNR estamos a realizar as xestións correspondentes con Portos de Galicia para modificar o tempo da concesión das instalacións co obxectivo de facer rentable a importante inversión que haberá que realizar para poñer en marcha ese establecemento”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



