Nota de prensa
O GRUPO POPULAR DE RIBADEO REPRÓCHALLE AO ALCALDE QUE PRETENDA ENGANAR ÓS RIBADENSES
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo desexa manifestar a súa disconformidade coas declaracións do Alcalde de Ribadeo na pasada semana en relación aos asuntos tratados polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada no día de onte.
En primeiro lugar, consideramos que o feito de que o Alcalde de Ribadeo apareza nos medios de comunicación falando sobre os asuntos que aínda están por aprobar polo pleno parécenos unha falta de respecto á institución municipal, aos partidos da oposición e ós ribadenses. Sendo conscientes de que a maioría absoluta coa que conta o BNG na corporación propiciará, de seguro, que os asuntos que se sometan a debate sexan aprobados, non nos parece ético que se promulguen os seus postulados publicamente sen terse dignado escoitar os argumentos da oposición.
E a segunda característica deste goberno municipal nacionalista é a de botar a culpa de tódolos males a alguén (case sempre que lle é posible ó PP). Así o fixo, deixando caer que a redución da subvención ós proxectos protexidos polo ARI de Ribadeo e Rinlo dun 80% a un 75% era por imposición da Xunta de Galicia. Non é de todo mentira a afirmación, máis é premeditadamente ambigua. A proposta de convenio do ARI tivo que ser correxida e reducida a porcentaxe máxima de subvención en un 5% aténdose a unha normativa autonómica pero, hai que dicilo todo se non se quere manipular a información, aprobada polo goberno bipartito no ano 2.008. Sen entrar a valorar a procedencia ou non da limitación, o que non nos parece de recibo é que se deixe entrever que é a Xunta actual de Núñez Feijoo, quen está a retraer diñeiro destas subvencións.
No segundo punto da orde do día do Pleno celebrado na tarde de onte, tamén se manifesta o sr. Suárez de xeito premeditadamente ambiguo porque menciona o que lle parece e esquece o que lle convén. O Partido Popular de Ribadeo asume, como parte do partido que goberna en España que a subida do IBI de un 0,73% a un 0,80% é produto dunha lei estatal e que a subida proposta polo goberno municipal do 0,76% é menor que o 0,80% a que obriga o goberno español. Pero, dito isto, non estamos de acordo co posicionamento do Sr. Suárez que sempre está a “vender” ós veciños que as súas actuacións son as que veñen de salvalos da malvada política da dereita. Explicámonos: a postura do Grupo Municipal Popular no pleno que aprobou máis de unha ducia de subidas de impostos e taxas municipais non foi o rexeitamento frontal á subida do IBI, ou á cantidade do 3,8%, foi unha oposición a unha subida xeralizada de tódolos impostos que os veciños de Ribadeo teñen que pagarlle ó concello. A subida de impostos do BNG en Ribadeo non foi o 3,8% do IBI, foi a da auga, o lixo, o imposto de vehículos, os vados, as escolas deportivas, o 333% das terrazas, etc …, é dicir, TODO. E nós preguntámonos: se quere compensar ós ribadenses o 0,07% de IBI que van pagar por culpa do PP, ¿por qué non revoga a subida doutros impostos, ademais do IBI? ¿Por qué fai catro días non tivo a ben escoitar á oposición e ó sector comercial e hostaleiro coa subida das terrazas?
E, por último, debemos recordarlle ós ribadenses que, se ben a subida do IBI vén imposta polo goberno central, quen vai recadar este diñeiro é o Concello. Esperamos que ese diñeiro que o goberno local non quería recadar pero vai entrar na súa caixa se invista de forma axeitada e non en máis gastos superfluos como nos teñen acostumados.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



