Nota de prensa:
O IES PERDOURO INFORMA SOBRE A CONVOCATORIA DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS
Pon en valor a túa experiencia laboral
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar probas para a acreditación de competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe, correspondentes a unidades de competencias integradas en cualificación profesionais e títulos de Formación Profesional.
Esta acreditación oficial busca por en valor a experiencia laboral recoñecendo os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.
Nesta convocatoria a consellería acreditará unidades de competencia das familias profesionais de administración e xestión, electricidade e electrónica, enerxía e auga, fabricación mecánica, hostalería e turismo, industrias alimentarias, madeira e moble, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade, téxtil, confección e pel e transporte e mantemento de vehículos.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será dende o 16 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2012, e farase empregando unha aplicación informática que se atopa no enderezo:
http://www.edu.xunta.es/acreditación.
Toda a información ao respecto, pódese atopar na páxina web do centro, ou na ligazón http://edu.xunta.es/fp. As persoas que puntualmente precisen máis información, poden acudir ao departamento de orientación do IES Perdouro, así como ao do resto do centros de ensino de Galicia que imparten Formación Profesional, segundo explicou o director do centro, Juan Sama.