Nota de prensa
O voceiro do Mar do Grupo Popular alerta ante un novo intento de manipulación e engaño do BNG e do PSOE aos veciños da Mariña lucense
BALSEIRO: “A DELEGACIÓN DE MAR EN CELEIRO SEGUIRÁ PLENAMENTE OPERATIVA E PODERÁN FACERSE OS MESMOS TRÁMITES QUE ATA O DE AGORA SEN NECESIDADE DE TRASLADARSE A LUGO”
O novo organigrama tras a fusión das Consellerías de Mar e Medio Rural non afecta para nada á capacidade de tramitación, número de persoal, competencias e funcionamento habitual que se dan nesta delegación
Viveiro, 26 de xaneiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, alertou ante un novo intento de manipulación e engano do BNG e do PSOE aos veciños da Mariña lucense a conta da nova estructura territorial que vén de adoptar a Consellería do Mar e de Medio Rural logo dos últimos cambios realizados no Goberno galego.
O deputado popular non quixo deixar espazo para dúbidas e de xeito absolutamente tallante asegurou que a delegación do departamento de asuntos marítimos da Xunta en Celeiro (que se denominará Xefatura de Coordinación da Área de Mar) “seguirá plenamente operativa e nela continuarán facéndose os mesmos trámites que ata o de agora, sen necesidade algunha de ter que trasladarse ata a cidade de Lugo”.
INVENTOS DA OPOSICIÓN
Balseiro Orol lamentou o intento da oposición por “inventarse” os asuntos cos que atacar a acción do Goberno da Xunta e insistiu -para eliminar calquera tipo de dúbida que puidera xurdir entre os seus usuarios- en que non se perderá ningunha competencia de tramitación na delegación con sede en Celeiro, que manterá todo o seu persoal, servizos e ubicación. O voceiro do Mar lembrou, ademais, que todas estas cuestións foron clarexadas pola propia Consellería a través dunha nota de prensa remitida onte e da que se fan eco a maioría dos medios de comunicación comarcais.
A nova estructura da Consellería recolle catro xefaturas territoriais de Medio Rural e do Mar -unha por provincia- e, a maiores, tres xefaturas de coordinación específicas da área de Mar, que funcionan nas cidades de Vigo, A Coruña e Celeiro, precisamente para achegar o seus servizos aos homes e mulleres do mar, sen necesidade de desprazamentos.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



