Nota de prensa
Novo desmentido ás dúbidas suscitadas polo socialista Ismael Rego
BALSEIRO INSISTE EN QUE A DELEGACIÓN DE MAR EN CELEIRO NON PERDERÁ NINGUNHA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E SEGUIRÁ PRESTANDO OS MESMOS SERVIZOS AO SECTOR PESQUEIRO
O deputado alerta ante os efectos perversos que pode provocar as manifestacións de membros dos partidos da oposición aos usuarios deste servizo que pode levalos a confusión
Santiago, 27 de xaneiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, saíu ao paso das dúbidas suscitadas hoxe polo deputado socialista Ismael Rego, respecto da nova estrutura dos órganos periféricos da Consellería de Medio Rural e Mar e insistiu na idea apuntada onte de que a delegación de Celeiro non perderá ningunha función administrativa e seguirá prestando os mesmos servizos ao conxunto do sector pesqueiro.
Balseiro lamentou que desde a oposición continúen na estratexia de “confundir á xente” e significou os efectos perniciosos que estas “falsas noticias que difunden desde os partidos da oposición” poden provocar aos usuarios deste servizo. “Podería darse o caso de que algunha persoa se traslade ata a cidade de Lugo, por creer que se centralizou o servizo, algo que non é certo, cando os mesmos trámites que facía ata o de agora pode seguir fadéndoos en Celeiro”
O deputado popular subliñou os continuos desmentidos oficiais feitos desde a propia Xunta de Galicia negando a centralización destes servizo e significou que coa creación da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, que seguirá situada nas delegación da Xunta en Celeiro, o que se pretende é facilitar, precisamente, que todos os usuarios fagan as correspondentes tramitacións sen necesidade de desprazarse desde a costa.


















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



