OS OURIZOS DE MAR
Estes equinodermos, de exquisito sabor pero presencia pouco atractiva e engorrosa manipulación, que os fai infravalorados por uns e moi apetecidos por outros, considéranse xunto ás ostras, as ameixas e algunhas algas, un dos alimentos mariños que mellor poden disfrutarse sen elaboración previa, nen aliñamento que desvirtúe o seu sabor.
Os ourizos viven con preferencia en fondos cheos de farallóns e o seu alimento son as algas, que proporcionan o sabor a mar; daí que Julio Camba, no seu famoso libro “La casa de Lúculo o el arte de comer”, díga: “o ourizo é un extracto de mar, un hálito de borrasca, unha esencia de tempestades”.
O que comemos neles son as glándulas xenitais, de color amarelo alaranxado. Son un tanto incómodos de preparar para o consumo, que adoita ser simpremente cocido; sen embargo ofrece outras posibilidades culinarias ás que cada día acceden mais persoas que senten curiosidade por unha cociña imaxinativa e que atopan neles a oportunidade de novas experiencias, con resultados moi satisfactorios, Como permite a conxelación, en calquera época poden facerse revoltos, que con gambas ofrecen un singular sabor, pudin, etc., servindo de base para salsas que en casos, como acompañando ó rape, forman un prato exquisito; e un paté de ourizo traslada ó pan todo o sabor do mar…
Arraigado en cociñas costeiras, como a catalana, o ourizo apenas se come no resto da península. Pero esta situación pode cambear, xa que se comercializan envasados e popularízanse pratos como os canapés, ou tostadas con xemas de ourizos, gratinados á cava, ou a crema de ourizos.
No noso contorno o “oricio”, como eles chaman, ten especial aceptación entre os asturianos e acompaña moi ben ós “culines” de sidra, esa gran bebida natural, fresca, diurética, compañeira inseparable da ampla pitanza nas gozosas “espichas”.
No litoral focego, dende A Ronqueira ata os castelos de San Pedro en Cangas abundan os ourizos, atopándose na zona a pena Ouriceira, de nome alusivo a tal feito
Según os biólogos, o ourizo é unha especie delicada. Cada exemprar tarda cinco anos en conseguir talla comercial; é decir, facerse adulto e desovar ó menos unha vez.
Ademais, para que un banco se manteña, é preciso que queden nel a metade dos exemprares; débese a que as crías só conseguen adherirse á rocha que previamente limparon os adultos: a renovación da colonia esixe un equlibrio moi fráxil.
Estas circunstancias fan que, para a recuperación dun banco esquilmado, sexan necesarios ó menos dez anos e, para melloralo e amplialo, outros cinco. O ourizo de mar é un manxar singular, exquisito, de sabor non equiparable, que é merecente dos cuidados e atencións precisas para a súa pervivencia: é un luxo a conservar.
Suso Fernández

















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



