PAIS DE JAUJA
Alá polos tan afastados, nefastos e míserentos tempos da nosa adolescencia, ao pouco de rematada a guerra incivil, apareceron nos accesos de Foz, por Marzán e Vilaxoane, senllos letreiros que anunciaban o “País de Jauja”, nome de territorio mítico e indefinido, onde ó parecer vivíase sen traballar e no que se daban os feitos mais insólitos, imprevisibles e solprendentes. Curiosamente os focegos eran conformes coa denominación, pois as devanditas sinais duraron anos sen que ninguén se ocupase de retiralas, nen mesmo as autoridades dunha época na que a tristemente lembrada, e denostada dictadura, vivía os días mais represivos e violentos dunha etapa histórica que val mais esquecer.
Instalados na barbarie, dende hai tempo, membros dos partidos con representación municipal, a miúdo ofrecen o bochornoso espectáculo que non fai senon confirmar que seguimos a ser ese país de Jauja, no que a falta de respecto institucional á cidadanía, fai que ésta sufra a agresión dialéctica dunha crase dirixente que neses casos amósase irreverente e bravía, coa soez e incontrolada dialéctica, que lles impide distinguir a lexítima defensa dos seus plantexamentos, sempre respectables, co que nunha sociedade moderna, civilizada, de nivel cultural digno e distendida convivencia, deben ser as actitudes e procederes das persoas que tanto loitaron por ocupar os postos dende os que están obrigados a irradiar a exemplaridade dun comportamento cívico decoroso e que, de non ser capaces de facelo así, mellor que se dedicaran a outra cousa. Xentes que non hai moito suplicaban o voto precisamente ós que agora escarnecen co seu insultante proceder…
E para maior contrariedade cunha emisora de radio ó seu dispor que se encarga de espallar a toda a bisbarra a agreste e indigna conducta; labor, a da emisora, que para nada implica aos seus válidos e honestos traballadores.
O que suscribe era consciente de que ese ía ser o labor estrela da mesma: servir de altofalante ós improperios das dignísimas autoridades, pronóstico doado de facer: abondaba con coñecer o percal. Por eso, cando Radio Foz comezou a retransmitir os plenos, o cronista, confidencial e repetidamente, suxerira ao entón concelleiro de cultura, e responsable da mesma, que non o fixeran, porque as ondas radiofónicas chegan moito mais alá dos lindes municipais e que a radio, que debería ser medio idóneo para divulgar e potenciar a cultura popular e o diálogo entre os cidadáns, a animación social, aglutinante de vontades que promovese o achego entre as persoas, a solidaridade e a mútua colaboración, podería converterse, ó contrario, en motivo de contribución activa ó noso desprestixio. E a fé que nonos equivocamos.
¿Por cánto tempo seguiremos a ser un “País de Jauja”…?
Suso Fernández
Cronista oficial de Foz


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



