Organizada pola A.C. Francisco Lanza, será o día 4 de febreiro. A saída ás 11:30 do aparcadoiro municipal para ir en coches até Remourelle. Regreso arredor das 17.00 h. Hai que levar comida e roupa e calzado cómodos. Descrición: O punto de partida é o bar ultramariños Centro, en Remourelle; con 350 m de altitude, desde onde se sube, por pistas de terra, a Penalonga, no pico do monte Comado (509 m). Monte baixo, chégase a Noceda, e bordeando o Mondigo, sáese a Cereixido. Continua pola forestal que vai xunto á Coroa , pico ao que se pode subir (367 m), e ao Corno (296 m), sitio recomendado para xantar. Continúase baixando, sempre cara ao leste, pola pista forestal de Vilaframil até coller un desvío que leva por debaixo de Acevedo ao monte de Santa Cruz (175 m). O derradeiro tramo será polas pistas de Ove.
Travesía en descenso de 18 quilómetros polos montes de Ribadeo
Travesía en descenso de 18 quilómetros polos montes de Ribadeo
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón