Nota de prensa
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez
EXPÓN:
Que a Comarca da Mariña é un dos potenciais máis importantes que ten a provincia de Lugo, como o demostra o número de visitas que ano tras ano se achegan a mesma para coñecer as nosas praias ,monumentos, e gastronomía.
Que a pesares das diferentes solicitudes de organismos públicos e privados esta Comarca ten unha deficitaria ou nula sinalización nas principais vías de comunicación como son a A6 que nos une co resto de España e A8 que nos une con Europa .É polo que
Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN para que a Corporación Municipal acorde:
-Solicitar do Ministerio de Fomento a instalación de paneis de información turística tanto na A6 como na A8, coa finalidade de que esta Comarca conta coa sinalización oportuna, e así mesmo dese traslado deste acordo a Mancomunidade de Municipios da Mariña e tamén a Deputación Provincial para que tramiten o acordo de apoio a esta proposta.