Nota de prensa
MEDIO AMBIENTE ESCOLLE O CONCELLO DE FOZ PARA A CONMEMORACIÓN NA PROVINCIA LUCENSE DOS ACTOS DA 41ª EDICIÓN DO DÍA DOS HUMIDAIS, QUE SE CELEBRA MAÑÁ
O lema escollido este ano é ‘Humidais, recreación e turismo: unha bocanada de aire fresco’
Ao longo da mañá manterase un encontro con alumnos do EIS de Foz, aos que se lles dará unha charla didáctica sobre os humidais do Concello e, se a situación meteorolóxica o permite, realizarase un paseo pola ría con observación de aves
Pola tarde a directora do Centro Español de Humidais ofrece unha conferencia sobre o turismo e os humidais
A Convención sobre os Humidais de Importancia Internacional, chamada a Convención de Ramsar, é un tratado para a acción nacional e a cooperación internacional a prol da conservación dos mesmos e dos seus recursos
Lugo, 1 de febreiro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas seleccionou o Concello de Foz para celebrar os acto da 41ª Edición do Día dos Humidais na provincia de Lugo, que neste ano se organiza baixo o lema Humidais, recreación e turismo: unha bocanada de aire fresco. Un das razóns polas que se escolleu este municipio da Mariña lucense son pola importancia da oferta turística deste concello, e para a posta en valor do humidal que hai no contorno do Masma, ademais de que unha cita como esta nunca se celebrara neste concello.
Así, ao longo da mañá os alumnos de 3º e 4º da ESO do IES de Foz e o persoal docente participarán nunha actividade de educación ambiental sobre a ría de Foz, a súa importancia e as súas características, co fin de sensibilizar aos máis novos no coidado e protección deste enclave natural. Posteriormente, se as condicións meteorolóxicas o permiten, celebrarase unha saída á ría de Foz para a interpretación do valores e realizar unha observación ornitolóxica.
Para trasladar a todos os veciños a celebración deste día, programouse unha charla informativa coa directora do Centro Español de Humidais, María José Viñals, que centrará a súa intervención na potenciación do valor turístico dos humidais.María José Viñals é catedrática de Xeografía da Universidade Politécnica de Valencia e a súa actividade investigadora encamiñouse á xestión das áreas protexidas e lugares con patrimonio, en especial en todos aqueles referidos ao uso recreativo e turístico.
Día dos Humidais
A Convención sobre os Humidais de Importancia Internacional, chamada a Convención de Ramsar, é un tratado intergobernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en prol da Conservación e o uso racional dos humidais e os seus recursos.
Desde o seu inicio en Irán, na cidade de Ramsar en 1971 ,e a súa entrada en vigor en 1975,a súa misión é a conservación e o uso racional dos humidais mediante accións locais e nacionais, grazas á cooperación internacional, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible en todo o mundo. Os países membros da Convención abarcan todas as rexións xeográficas do planeta.
O turismo nos humidais achega beneficios tanto a nivel local como nacional ás persoas e a vida silvestre, beneficios que van desde o fortalecemento das economías ata medios de vida sostibles, poboacións saudables e ecosistemas prósperos. As repercusións de certas actividades conleva a súa necesaria planificación ambiental.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



