Nota de prensa
Delegación de Servizos Sociais
Enmárcase dentro da programación anual do Taller de Memoria
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS ORGANIZA UN CERTAME MUNICIPAL DE CARTAS DE AMOR EN PROSA CO GALLO DO VINDEIRO DÍA DOS NAMORADOS
O concurso é aberto a todos os habitantes do concello establecendo tres categorías, infantil, xuvenil e adulta.
Haberá diploma e agasallo para os dous mellores traballos por categoría
Lourenzá, 7 de febreiro do 2011.- A concellería de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, que dirixe Emma Alvarez, organiza un certame de cartas de amor có gallo do vindeiro día dos namorados. Esta actividade enmárcase dentro da programación anual do Taller de Memoria que se desenvolve durante o ano no concello.
De todas formas, este certame faise aberto a todos os habitantes do concello establecendo tres categorías, infantil, xuvenil e adulta, podendo presentar cada autor un único traballo.
As cartas terán unha extensión máxima dun folio por unha soa cara e serán entregadas nas dependencias do Concello, ben en persoa, ou ben por correo antes do luns día 13 as 12 h., acompañadas dunha folla co nome, apelidos, dirección, idade e teléfono de contacto.
O Xurado, seleccionará un máximo de dous traballos atendendo a categoría infantil, xuvenil e adulta dándose a coñecer o fallo do mesmo en acto público o vindeiro xoves 16 de Febreiro as 20 h no salón de Actos da Casa da Cultura.
Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e agasallo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



