Nota de prensa:
A EXECUTIVA LOCAL DO PSdeG MANTIVO UNHA XUNTANZA CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
Aproveitando a visita a Ribadeo do Presidente da Deputación, membros da Executiva local do PSdeG e mais o portavoz municipal, sostiveron unha xuntanza con José Ramón Gómez Besteiro.
Jorge Diaz Freije, responsable na Executiva de política municipal, explicou que se interesaron por diversas obras que a Deputación ten pensado abordar, e tamén sobre o estado de asuntos pendentes. En canto ao Plan de Cooperación coas Comunidades Veciñais, que se convoca anualmente, Diaz Freije asegurou que nos últimos anos a Deputación invertiu cantidades importantes en diversas parroquias e bairros do concello, atendendo así ás necesidades formuladas polas asociacións parroquiais. Tamén na vila se levaron a cabo obras moi útiles, entre elas a reparación do escenario, camerinos, etc. do Teatro de Ribadeo. “O plan terá unha nova convocatoria, ainda que a Deputación está estudando a posibilidade de introducir variacións no proceso de tramitación coa intención de facelo máis áxil e operativo”, asegurou Jorge Díaz.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



