Nota de prensa
CELY GAYARDO PASA A REVISIÓN MÉDICA NA CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA
A última incorporación do CD Burela FS Pescados Rubén, Araceli Gayardo, máis coñecida como Cely, someteuse hai uns días á , para control e exame da súa preparación física.
O corpo facultativo do centro médico burelao, que mantén un convenio de colaboración coa entidade laranxa dende hai varias tempadas, encárgase de supervisar a saúde dos equipos sénior do CD Burela FS dende os recoñecementos iniciais, de pretempada, ata o seguimento periódico ao longo das competicións ligueiras.
A pivote brasileira, que tamén superou con éxito as probas de ecocardiograma, realizadas no Centro Clínico Ribadeo, estará á disposición de Javier Pardeiro para debutar o sábado fronte ao Ponte Ourense.