Nota de prensa:
O CC DO BNG SITÚA A LOITA CONTRA A CRISE COMO EIXO CENTRAL DA SÚA ACTUACIÓN PARA ESTE MANDATO
Para o responsábel comarcal do BNG, Antonio Veiga, “estámonos xogando a pervivencia da Mariña como realidade económica e como comarca viva”
Os nacionalistas acordaron expresar o seu apoio á folga xeral do 29 de marzo así como ás demais mobilizacións sindicais
Foz, 28 de febreiro de 2012. O Consello Comarcal do BNG constituíuse na xornada do luns coa presenza dos 25 membros escollidos pola asemblea comarcal así como polos responsables das diferentes asembleas locais da comarca. O responsable e portavoz do BNG A Mariña, Antonio Veiga, indicou que “o eixo central de actuación dos Nacionalistas vai ser o combate ás políticas económicas do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza, que están a poñer á poboación da Mariña nunha situación autenticamente límite tanto polo que significa a destrución de postos de traballo como o recorte dos dereitos laborais”.
Nesta dirección o portavoz dos nacionalistas da Mariña expresou a súa preocupación pola situación que se está a crear despois dos ERES en diferentes empresas da comarca, “ERES que significaron só no caso de Ecesa, Mon, Hermida e Ecar, a perda de máis de 150 empregos, que no caso de Ecar ou Hermida significan o desmantelamento práctico do tecido industrial existente nese concellos”. “Estámonos xogando a pervivencia da Mariña como realidade económica pero tamén como comarca viva. Neste sentido demandamos dos poderes públicos compromisos reais coa zona tanto na dirección de amortiguar as consecuencias da destrución de emprego como na perspectiva de crear as condicións que posibiliten a reactivación da actividade económica”, afirmou Veiga, quen considerou “autenticamente escandaloso que a día de hoxe os ERES de Hermida e de Ecar non se vinculasen ao plano de acompañamento social que no seu día comprometeu a Xunta de Galiza”.
Na mesma xuntanza, os nacionalistas acordaron expresar o seu apoio á folga xeral convocada para o 29 de marzo polo sindicalismo nacionalista, así como o seu apoio ás mobilizacións convocadas polo conxunto do movemento sindical. “Nunha situación de auténtica emerxencia que día a día vemos como caen negocios e PEMES na comarca na que día a día aumenta o desemprego e a folga xeral do 29-M como conxunto das mobilizacións sociais, supera o mesmo plan de reivindicación económica ou laboral posto que o que nos estamos xogando e que A Mariña teña algún tipo de perspectiva de futuro”, afirmou Antonio Veiga.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



