Nota de prensa
O BNG DE BARREIROS VOTOU EN CONTRA DOS ORZAMENTOS DE 2012 “PORQUE CARGAN SOBRE AS VECIÑAS E OS VECIÑOS A MALA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL NOS ÚLTIMOS ANOS E OS RECORTES DA XUNTA”. OS NACIONALISTAS DIN QUE ARREDOR DUN 50% DO QUE SE PREVÉ RECADAR SERÁ A TRAVÉS DOS PAGOS DAS E DOS BARREIRENSES EN CONCEPTO DE IMPOSTOS, TAXAS E PREZOS PÚBLICOS.
Barreiros, 14 de febreiro de 2012. O BNG de Barreiros votou en contra dos orzamentos de 2012 “porque cargan sobre as veciñas e os veciños a mala xestión do goberno municipal e os recortes da Xunta”. A portavoz nacionalista explicou que “no pleno celebrado na tarde de onte en Barreiros o goberno municipal presentou os orzamentos correspondentes ao ano 2012. Nestes orzamentos prevese unha carga impositiva excesiva para as veciñas e veciños, como consecuencia das subas de impostos, taxas e prezos públicos que se ten feito a finais do ano pasado e coa que se pretende tapar os recortes da Xunta”.
Dos 4.290.520’75 euros que o goberno municipal prevé recadar, case a metade (2.018.576 euros) procederían das veciñas e veciños de Barreiros que terían que facer fronte ás subas aprobadas a finais do ano pasado en distintos impostos, taxas e prezos públicos. Para o BNG “non é de recibo que se incremente a carga impositiva para as e os barreirenses en momentos tan malos para as familias, sobre todo, tendo en conta que isto se fai para tapar os recortes que a administración autonómica fai nas asignacións ao Concello en cuestións tan importantes como os servizos asistenciais.” Neste aspecto, Ana Ermida subliñou que “o goberno municipal prevé recadar por servizos asistenciais 42.276 euros, fronte aos 15.000 euros que se prevían no orzamento do 2011 (dos cales, segundo o avance de liquidación presentado, só se recadaron 10.198,86 euros). Polo tanto, o goberno municipal prevé recadar catro veces máis por este servizo, co cal non se sostén o que pretenderon vender de que as e os barreirenses non terían que pagar máis polo servizos sociais, como é o caso do servizo de axuda no fogar”.
Ademais, os nacionalistas amósanse sorprendidos pola cifra prevista para as cédulas de habitabilidade e de primeira ocupación, “xa que o goberno municipal prevé recadar 85.000 euros, exactamente a mesma cantidade prevista para o ano anterior. Para o BNG isto supón a constatación de que o Partido Popular non cre no seu propio discurso de reactivación das vendas de vivendas e na chegada de novos poboadores, algo que tanto anuncia”.
Ana Ermida engadiu que “os orzamentos presentados onte dan conta de que a situación económica do Concello de Barreiros é preocupante e que deriva da mala xestión que se veu facendo desde hai anos, cando o BNG advertía ao Goberno municipal de que o despilfarro e a falta de control sobre os gastos que se realizaban levarían ás arcas públicas a unha situación moi delicada, o que se está a ver agora”.
















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



