Nota de prensa
O Innova-TE da Deputación permitiu hoxe a 1º publicación electrónica dun PXOM, aforrando 110.000 euros
– É o do Concello de Lugo de 3.033 páxinas, cun peso de máis de 517 megas, que se poden descargar de xeito áxil dende www.deputacionlugo.org coas aplicacións do programa tecnolóxico
– Ata hoxe no BOP dixital publicáranse normas auxiliares de PXOMS de 20 páxinas e 20 megas polo que o persoal provincial do Boletín e Fondos Europeos traballou máis de 2 meses para subir á Rede un arquivo de tal magnitude
– En tan só as primerias horas da mañá, 359 persoas consultaron o PXOM lugués no Boletín dixital
O Boletín Electrónico da Provincia (E-BOP) que implantou a Deputación mediante o Innova-TE, o programa tecnolóxico cofinanciado nun 70% con fondos da Unión Europea, fixo posible que hoxe, por 1º vez na historia desta publicación -a máis antiga da provincia, ó datar de 1835- que se publique de xeito electrónico un Plan Xeral de Ordenación Municipal. Trátase do PXOM do Concello de Lugo, composto por 3.033 páxinas, editadas en formato dixital. Isto conlevou un aforro de 110.000 euros á Deputación, é dicir, o prezo que suporía facelo en papel, tendo en conta que cada páxina conlevaba un gasto de 36 euros.
Ata o momento, nun mesmo BOP electrónico, só se chegaran a publicar normas auxiliares de distintos Plans Xerais de Ordenación Municipal, ocupando unha media de 20 páxinas, cun peso de 20 megas. A publicación de hoxe ten un tamaño de 517,167 megas que se pode descargar con facilidade dende a web www.deputacionlugo.org, no apartado do Boletín Oficial da Provincia situado na marxe superior dereita da páxina de inicio. Os interesados atoparán neste espazo un enlace a cada un dos 8 tomos nos que se dividiu o PXOM lugués co fin de axilizar a súa consulta. Ás 11:30 horas da mañá, 359 persoas xa consultaran no Boletín dixital o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo que é, ademais, un dos preto da docena aprobados e adaptados á normativa vixente na provincia.
Máis de 2 meses de traballo
As tarefas preparatorias para facer posible a publicación do Boletín de hoxe comezaron a finais de 2011 debido á complexidade de subir un arquivo destas características á Rede. Foron máis de 2 meses de traballo nos que primou a total implicación do persoal provincial, concretamente, os dos departamentos do BOP e de Fondos Europeos. Precisamente, a súa colaboración foi fundamental para que, xa dende o 3 xaneiro de 2011, o Boletín Oficial da Provincia sexa dixital, simplificando o volume de información e os trámites administrativos. E é que, dende entón, os 200 anunciantes habituais do BOP poden facer tanto a inserción dos anuncios coma o pago das taxas, ademais do rexistro das mesmas, por vía telemática, aforrando tempo. Outra das vantaxes que supuxo a posta en marcha do Boletín Electrónico foi o acceso universal e gratuíto á publicación oficial que dá publicidade ás diposicións de carácter xeral e ás ordenanzas, así como ós actos, edictos, acordos, notificacións, anuncios e demais resolucións do conxunto das Administracións que operan na provincia.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



