Nota de prensa
Fisober 5-0 Panificadora del Eo
O Panificadora del Eo Ribadeo FSF non deu mostras de impotencia e plantoulle cara ao líder, Fisober Vimianzo, aínda que sen recompensa no electrónico. As mariñás encaixaron un 5-0, nunha cita marcada polas ausencias, que fixeron que Martínez tivera que desprazarse a Vimianzo con tan só oito xogadoras, catro das cales pertencentes ao filial Xoula: María por lesión, Marta, Nuria e Sabela por asuntos persoais e Arancha e Fátima por estudos.
![]()
As ribadenses defenderon con orde os ataques do rival para contragolpear con perigo, pero a maior calidade das xogadoras locais rompeu a ordenada defensa visitante. O 1-0 chegou no minuto 7 por mediación de Noelia. Sete minutos máis tarde foi Alba quen subiu o 2-0 ao luminoso e, a piques de soar a bucina para o descanso, Patricia colocou o 3-0. Co 1-0, o Panificadora dispuxo dun par de ocasións claras por medio de Ana e Elvira para acurtar distancias.
No minuto 3 da segunda metade, nunha serie de rexeitamentos dentro da área visitante, atinou Barca no primeiro pau pondo o 4-0. Cinco minutos máis tarde, de novo Barca materializou o 5-0 definitivo. O cansazo acumulado por falta de rotacións afectou o equipo ribadense; aínda así Ana, Iria, e Elena, nos minutos finais, dispuxeron das mellores ocasións do partido para acurtar distancias.
Cabe destacar a deportividade e o xogo limpo que reinou durante todo o encontro, posto que o colexiado só tivo que sancionar o equipo local en tres ocasións e a primeira e única falta das ribadenses foi sinalada a 3 minutos para o final.
A próxima xornada o Panificadora deberá medirse en Ribadeo ao Funeraria Apóstolo de Santiago, quinto clasificado, máximo goleador (91 tantos) e o menos goleado (30 encaixados).
Provincial feminina. Esmagadora foi a vitoria do Xoula Ribadeo ante o Sporting Rabadense (12-0). Ao descanso o marcador era de 8-0 a favor das locais. Carmen con catro goles, Ana, Elvira e Iria, con dous cada unha, e Yoli e Carla Bolaños, con un, foron as artífices de xesta; tamén xogaron Elena e Antía. Este resultado permite ao filial ribadense manter o segundo posto e aumentar a 5 puntos a diferenza cos seus inmediatos seguidores, Lucense e Quiroga, na loita pola medalla de prata. As mariñás visitarán A Pastoriza o vindeiro sábado.
Provincial masculina. A incorporación de Sergio Janeiro, ex-xogador do Cadramón FS, Burela FS, Superti A Pontenova e tamén do Ribadeo FS na súa época de Primeira Nacional B, permitiu ao equipo ribadense cultivar unha nova vitoria sobre o Baralla FS (4-3). Ao descanso chegábase cunha vantaxe de 3-1. A relaxación que tomou o equipo local na segunda metade puxo en apuro o marcador nos minutos finais. Pablo, Óscar, Jacobo e Sergio foron os autores dos goles locais e polo Baralla Diego asinou o hack trik. O Amigos de Rábade será o rival dos ribadenses o vindeiro sábado (20.00 horas) no municipal de Rábade.
Ficha técnica
Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Antía, Ana, Toñi, Elvira e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Iria e Tania Penabad.
Fisober FSF: Paula, Elsa, Ana, Olalla e Noelia (1), cinco inicial; tamén xogaron Patricia (1), Barca (2), Mirella, Ylenia, Alba (1) e Eva.
Árbitros: José Luis Villarino Bravo e Rita López Calvo, da delegación de Santiago.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
