Nota de prensa
O voceiro do Mar dos populares galegos considera que un dos aspectos con maior proxección e potencionalidade, hoxe e no futuro, é o aproveitamento do actractivo turístico vinculado á actividade mariñeira
BALSEIRO PREGUNTA POLAS MEDIDAS QUE TEN PREVISTO POÑER EN MARCHA A XUNTA PARA IMPULSAR O TURISMO MARIÑEIRO
Galicia ademais de ser un espazo de referencia para actividades lúdicas, culturais e deportivas nas súas costas e portos, debe poñer en valor os recursos e infaestruturas mariñas existentes tales como: acuariums, lonxas, fábricas de salgadura, centos de investigación, estaleiros, fábricas de conserva, carpinterías de ribeira, festas marítimas embarcacións tradicionais…
Potenciar un sector económico como o do turismo mariñeiro o lecer marítimo permite achegar ingresos complementarios ás xentes do mar e comunidades mariñeiras, e a confrarías, asociacións e clubs.
Santiago, 21 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou varias iniciativas na Cámara galega interesándose polas medidas que ten previsto poñer en marcha a Xunta de Galicia para impulsar o turismo mariñeiro.
Balseiro lembrou que desde a súa formación política sempre defenderon como un dos aspectos con maior proxección e potencionalidade, hoxe e no futuro, o aproveitamento do atractivo turístico vinculado á actividade pesqueira e marisqueira, isto é, o que se coñece como turismo mariñeiro.
En opinión do portavoz popular do Mar, Galicia non só está a converterse nun espazo de referencia para as actividades lúdicas, culturais e deportivas nas súas costas e portos, senón que tamén debe saber aproveitar o potencial do turismo e do ocio vinculado ao mar a través de diversas actuacións como poden ser a posta en valor dos recursos e infraestruturas mariñas existentes, como por exemplo, museos, lonxas, fábricas de salgadura, centros de investigación, estaleiros, fábricas de conservas, antigas baleeiras, carpinterías de ribeira, embarcacións tradicionais, festas marítimas, cociña tradicional, etc…
INTERESE CRECENTE
Jose Manuel Balseiro lembra que a través das accións impulsadas pola Consellería do Mar é posible recuperar e poñer en valor o noso patrimonio marítimo e as actividades desenvolvidas polos homes e mulleres do mar. Salienta ademais que existe constancia do volumento crecente de persoas que teñen interese en coñecer como se desenvolve unha xornada de pesca, ou a venda do pescado en lonxa, ou aos que lle gustaría coñecer o traballo dos oficios máis tradicionais tales como atado de redes, actividades de marisqueo, construccións en madeira nas carpinterías de ribeira… ámbitos de grande atractivo turístico que deben ser aproveitados.
INGRESOS ADICIONAIS
O voceiro do Mar dos populares galegos considera que contribuír desde a Xunta de Galicia ao desenvolvemento destas iniciativas supón potenciar un sector económico -o do turismo e do ocio do mar- que permite achegar ingresos complementarios ás xentes do mar e os portos galegos. Para iuso é imprecindible a colaboración conxunta e implicación entre a administración e todas as empresas, confrarías, asociacións e clubs, que poden achegar a súa experiencia adquirida nas tarefas que tradicionalmente veñen desenvolvendo neste campo.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



