Nota de prensa
Os populares presentan unha iniciativa parlamentaria coa finalidade de que estes alimentos, en perfectas condicións de consumo, poidan ser aproveitados polas entidades benéficas
O GRUPO POPULAR PROPÓN QUE A XUNTA CONTINÚE E MELLORE A DISTRIBUCIÓN ENTRE OS COMEDORES SOCIAIS E COCIÑAS ECONÓMICAS DE GALICIA DO PEIXE E MARISCO PROCEDENTE DOS COMISOS DO FURTIVISMO
Asemade, propón que se articulen medidas de cara a distribuír tamén o peixe obxecto dos descartes pesqueiros, que actualmente ten que ser devolto ao mar.
A idea é incorporar o volume de peixe confiscado, que vén de aumentar nos últimos anos pola presión dos operativos contra os furtivos, aos menús sociais fóra dos núcleos costeiros.
Lugo, 22 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que solicita á Xunta que amplíe e mellore a distribución entre os comedores sociais e as cociñas económicas da nosa comunidade do peixe e marisco que foi obxecto de comiso en operacións de loita contra o furtivismo, así se amplíe esta medida ao que forma parte dos descartes pesqueiros.
O deputado popular reclama á Consellería do Medio Rural e do Mar que articule un novo sistema ou protocolo de distribución destes produtos pesqueiros que son totalmente aptos para o consumo e que, polo tanto, poden ser aproveitados. Balseiro pide á Xunta que reelabore unha relación de institucións, asociacións e ONG´s que dispoñan de comedores sociais en Galicia e que teñan amosado o seu interese en recibir estes alimentos.
Deste xeito, segundo explica o deputado popular, a administración galega incrementará o apoio e colaboración con estas institucións solidarias e benéficas nun momento especialmente acaido xa que están a prestar asistencia a un crecente volume de persoas e familias, de xeito especial, a aquelas máis afectadas pola crise económica.
COMISOS AOS FURTIVOS
Jose Manuel Balseiro aclara que ata o momento a Consellería do Medio Rural e do Mar xa vén distribuíndo de xeito habitual entre diversas entidades benéficias os peixes e mariscos aprehendidos aos furtivos nos operativos que realiza o Servizo de Gardacostas de Galicia e os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Con todo, o aumento do número de operativos nas nosa rías e a maior eficacia da loita contra o furtivismo deu lugar a que o volume de peixe e marisco confiscado sexa cada vez maior e poida ser distribuído a moitas máis entidades benéficas galegas segundo un protocolo que previamente se estableza.
DESCARTES PESQUEIROS
Por outra banda Balseiro reclama que a Xunta poña en marcha, en colaboración coas institucións da Unión Europea, un sistema de distribución dos descartes que proceden das capturas pesqueiras, de tal xeito que estes tamén poidan ser aproveitados polas entidades benéficas, comedores sociais e cociñas económicas da nosa comunidade.
A normativa vixente sobre cotas pesqueiras limita ás capturas que se poden realizar para determinadas especies e flotas o que non impide que este peixe sexa capturado nos aparellos. O procedemento habitual obriga a devolvelos ao mar. Estes descartes moitas veces implican unha perda de alimentos que ben puideran


















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



