Celebrouse o programa número 200 de Parolando na Radio Valadouro. Durante o programa (aparte de entrevistar a varias persoas por outros temas) dedicamos o coloquio a lembrar anécdotas de Parolando e a conversar con varios invitados sobre o futuro do noso programa. Visitaron os estudos moitos amigos de Parolando e de Radio Valadouro: Milagros, Lola, Concha, Conchita, Elisa, Alberto Geada “Buyo” (o zoqueiro de Lagoa)… Tamén estiveron os colaboradores habituais: Jordi Melián, Sabela Quirós, Matías Nicieza, Agustín Fernández, Xosé de Germán… Recibimos unha manchea de mensaxes de felicitación a través de SMS e igualmente mensaxes a través de E Mail dunha chea de amigos e de antigos colaboradores de Parolando como Lionel Rexes, Jose Díaz e Ángel Vizoso. Saboreamos unha saborosa tarta da Confitería Méndez de Ferreira, regalada pola Confraría do Cristo Xacente e da Virxe das Dores de Ferreira, e brindamos por outros 200 programas máis. Foi un programa emotivo e alegre, informal e optimista.
Radio Valadouro celebra o programa número 200 de “Parolando”

Radio Valadouro celebra o programa número 200 de “Parolando”
Relacionado
-
O PSdeG na provincia celebra o 1 de maio en Foz reivindicando o papel do socialismo no avance dos dereitos laborais e sociais
-
Ribadeo agradécelle a Nutella que elixira a praia das Catedrais coma imaxe para a súa campaña ‘Un buen día empieza en casa’
-
Daniel García destacou en Mondoñedo “a labor das ganderías que manteñen a feira de gando das Quendas”