Nota de prensa:
Balseiro di que estamos ante un feito de singuar gravidade, que xera unha situación de incerteza e inseguridade xurídica para familias e empresas como consecuencia da acción temeraria do Goberno de Roel
O GRUPO POPULAR PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO SOBRE AS IRREGULARIDADES URBANÍSTICAS DE VIVEIRO
O TSXG vén de confirmar a anulación das licenzas outorgadas polo Concello de Viveiro para centenares de vivendas e un hotel, autorizadas sen contar cos preceptivos informes xurídicos, urbanísticos e de patrimonio.
O deputado popular quere coñecer a opinión da Xunta respecto das presuntas responsabilidades derivadas da concesión ilegal das licenzas e respecto da situación xurídica na que se atopan estas construcións.
Viveiro, 04 de febreiro de 2012.- Os deputados do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, Emma Álvarez e Román Rodriguez veñen de rexistrar unha bateria de iniciativas parlamentarias na Cámara galega interesándose polas irregularidades urbanísticas de Viveiro, ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) tras confirmar as sentencias que anulaban as licenzas outorgadas polo Concello, para centenares de vivendas e un hotel, e que foron autorizadas pola Xunta de Goberno Local que presidía o actual alcalde, o socialista Melchor Roel.
Os deputados populares explican que estamos ante un feito de singular gravidade, que xera ademais unha situación de incerteza e inseguridade xurídica para as familias e empresas afectadas pola anulación das licenzas. Na súa iniciativa sinalan directamente ao Goberno de Melchor Roel de ser o responsable máximo -a xuízo do ratificado pola xustiza- dunha acción temeraria e gravemente prexudicial para os seus veciños e para o propio Concello, de ter que asumir as contías de millonarias indemnizacións.
Balseiro sinala ademais que a práctica de outorgar licenzas urbanísticas por silencio administrativo e/ou sen contar cos preceptivos informes xurídicos, técnicos ou de patrimonio -entre outros- respondía a un comportamento habitual do Goberno de Roel e se remite, nese senso, as declaracións feitas nos pasados días polo alcalde no xulgado vivairense onde comparecía como imputado por presuntos delitos urbanísticos.
Coas preguntas parlamentarias Jose Manuel Balseiro, Emma Álvarez e Román Rodríguez -portavoz de urbanismo dos popualres- queren coñecer a opinión da Xunta de Galicia respecto das presuntas responsabilidades que se poden derivar destes feitos -a concesión ilegal de licenzas- así como respecto da situación xurídica na que se atopan estas construcións.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



