TERAPIA DE AFORRO
* Ratificando a nosa postura sobre o excesivo gasto en varias areas do organigrama do Concello, facémonos eco dunha proposta da Coral Polifónica de Ribadeo: devolve parte da importante axuda que recibe da casa consistorial. O xesto debe ser estimado no que vale, e máis aínda nestes tempos de crise e de escaseza. Pero a mensaxe é tamén unha especie de lección para o goberno municipal xa que ata o de agora as técnicas de aforro tenas algo en desuso.Chama atención a resposta da alcaldía xa que di “que van a revisar todo ese tipo de subvencións” non dudo de que o farán, co que queda acreditado que acertan cando rectifican .È moi curioso que tanto nós como toda a oposición, levámosllo dito, recordado, discutido en pleno e a través dos medios de comunicación, que era un gasto excesivo e moi desproporcionado para estes momentos de vacas fracas.
Pero non pensen que se trata dunha rectificación de acordos de hai moito tempo. Nen moito menos: a discusión sobre as contas municipais tivo lugar no pleno de aprobación dos orzamentos, ou sexa vai para catro meses e medio. E nel, toda a oposición votou en contra, baseándose en dous grandes grupos de argumentos: a suba de taxas e impostos e os excesos en gastos correntes perfectamente prescindibles. Non temos dúbida de que efectivamente levará a cabo unha rectificación á baixa das subvencións, pero outra cousa é o aforro no propio gasto municipal. Na última sesión plenaria do 16 de xaneiro, toda a oposición tivo ocasión de repasar os decretos da alcaldía e de asombrarse do nivel de gasto en verdadeiras “chuminadas”: actividades de ínfima importancia, custosos asesoramentos para praticamente nada, etc.
Sabemos, e a iso se referiu en varias ocasións o noso portavoz municipal, que o alcalde necesita facer caixa, porque as aportacións externas están á baixa, pola crise por unha parte e pola falta de xestión por outra, que é un dos aspectos importantes que os veciños esperan de quen os goberna. Pero seguen mantendo un cadro de persoal fora de toda medida para un concello pequeno, como o noso, recargado de contratos perfectamente prescindibles. Por suposto que as críticas a facer á política de persoal non se limitan a estes aspectos., e non hai mais que lembrar os pleitos na materia que leva perdidos o Concello, algún por perseverar en determinados sectarismos e, case todos, de elevada contía.
Jorge Díaz Freije
* Secretario de Política Municipal da Executiva do PSdeG



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



