Asistiron á conferencia inaugural: “Fortalezas e debilidades da nosa dieta: presente e futuro”, impartida por Gregorio Varela Moreiras, Presidente da Fundación Española para a Nutrición. A continuación desfrutaron do obradoiro de “Cacao, froitas, saúde e gastronomía”, impartido por Miguel Sierra, mestre reposteiro asturiano e ás 13:00 puideron disfrutar dun obradoiro de pratos feitos con produtos do C.R. Agricultura Ecolóxica de Galicia. Durante todo o día tamén degustaron os diferentes produtos que ofrecen os stands que se proporcionan na feira: queixos, viños, aceites, doces…
