Nota de prensa
CONCELLO CELEBROU O DÍA DA AUGA NO CEIP VISTA ALEGRE. OS RAPACES DE 5º DE PRIMARIA FIXERON VARIOS EXPERIMENTOS PARA VER A DENSIDADE DA AUGA E RECIBIRON UNHA CHARLA IMPARTIDA POLAS MONITORAS DE GAIA.
Burela, 22 de marzo de 2012. O alumnado de 5º de primaria do CEIP Vista Alegre (en total 25 alumnos) participaron hoxe 22 de marzo no día da auga, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente.
Os rapaces atenderon as explicacións a través dunha presentación elaborada en power-point polas monitoras do aula de educación Gaia. A charla centróuse no uso sostible da auga; sobre a importancia da auga; a escasez de auga nalgúns países; así como as medidas de aforro de auga que debemos aplicar nos nosos fogares (instalar redutores de caudal nas billas, pechar ben as billas, usar a lavadora a carga completa, etc).
A actividade realizóuse entre as 10:30 e as 11:30 desta mañá. Pero non todo foi teoría, xa que os rapaces tamén disfrutaron e fixeron varios experimentos para comprobar a densidade da auga, “utilizando auga doce, auga doce mezclada con sal, auga salada (collida do mar) introducían obxectos e observaban a súa densidade. E despois tamén adiviñaron o que contiñan varias botellas de auga previamente mezclada con vinagre, zume, auga con cloro, auga salada, auga con gas… usando o sentido do olfato e do gusto”, explican desde a Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela.