FEGEREC é unha entidade formada por 7 asociacións de ámbito galego e unha coruñesa onde prestan servizo, ademáis de en Pontedeume, Narón, Lugo, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, e a idea de continuar dando asistencia en Sada e Ourense. FEGEREC ten arredor de 1.300 socios afectados. Ante o recorte de axudas promoven unha iniciativa de microdonacións para apoiar o proxecto FEGEREC a través web. A idea que tiñen, aproveitando a maratón é “1 kilómetro, 100 euros” por ver de conseguir 4.200 euros, que foi aproximadamente o recorte total en subvencións que tivemos este ano. Tamén contan cun evento no Facebook.






















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



