Nota de prensa
FRUGA DENUNCIA A COMPLICIDADE DA XUNTA NO INTENTO DE ENDEBEDAR
MÁIS ÁS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS COA EXCUSA DA SECA
A Xunta, en lugar de aliviar a situación económica derivada pola seca, pretende que
subscriban máis créditos coas entidades bancarias
A situación de escaseza de chuvias está provocando importantes perdas económicas ás
explotacións gandeiras galegas. Este pasado inverno foi un dos máis secos dos últimos cincuenta
anos polo que xa comeza a ser alarmante e, á espera do que poida acontecer nesta primavera
que comeza, a falta de chuvias está sendo a día de hoxe unha nova dificultade que suma o sector.
Neste contexto, a Xunta de Galiza opta por establecer estratexias que fuxen do que debería estar
facendo tal e como ven demandando a Federación Rural Galega-FRUGA neste momento
concreto: establecer unha liña de axudas específicas para paliar os danos da seca.
Alén desta axuda puntual, desde a FRUGA tamén demandamos que o que a Xunta debería facer
é tomar conta de como o cambio climático está a afectar a Galiza e establecer un plan estratéxico
de infraestructuras básicas para prever situacións coma estas no futuro, xa que todo apunta a que
a situación de seca na que nos atopamos neste intre vaise repetir con certa periodicidade.
Namentras isto acontece no sector agrario galego, a Sra. Conselleira do Medio Rural e do Mar
desaparece e no seu lugar, un dos Directores Xerais, Álvarez Robledo, fai unhas declaracións
recentemente que evidencian unha vez máis o que ven sendo a política de brazos cruzados e de
mirar cara outro lado que ten a Xunta ante a crise dos sector gandeiro galego afirmando que “en
última instancia, se chove na primavera, resolvería as trabas derivadas da seca”.
Por outra banda, continúa insistindo en que se van axilizar o cobro das axuda da Política Agraria
Común (PAC), desde a FRUGA non acabamos de entender estas declaracións, máis ben parece
que se estiveran delatando, e incluso confesando, parecendo que outros anos non tiveran moito
interese en cando se fan efectivos os pagamentos. O Sr. Feijoo debería ter claro que as axudas
da PAC correspóndenlles ás explotacións por dereito e que a súa obriga é sempre a de axilizar os
seus trámites.
Por último, co anuncio de poñer a disposición das explotacións agrarias créditos bancarios que a
Xunta financiaría total ou parcialmente, desde a FRUGA pensamos que non soluciona
absolutamente nada, isto suporía, finalmente para as explotacións mudar unhas datas no
calendario a cambio de ter máis débedas, é dicir, en lugar de axudar economicamente contribúe a
un maior endebedamento das explotacións.
Temos que lembrar que a Xunta está castigando dobremente ás explotacións gandeiras galegas,
por unha parte non establece unha liña de axudas para paliar os danos puntuais a un sector
estratéxico para Galiza, tal e como se fai con outros sectores, e por outra banda aplica uns
retallamentos que poñen en perigo a súa viabilidade domo poden ser os Plans de Mellora, as
axudas ás razas autóctonas en réxime extensivo ou o Contrato de Explotación Sustentable
(C.E.S.)
Desde a FRUGA demandamos ao Presidente da Xunta de Galiza que “se calce as botas” e que
goberne, en lugar de botar balóns fóra e de lanzar titulares sen nengún contido na prácitca
namentras é complice do desmantelamento do sector gandeiro galego. En definitiva que deixe de
negociar cos bancos os préstamos para as explotacións agrarias e que se centre en tratar de
resolver os problemas do sector agrario.
Para completar esta información poden contactar con:
Para máis información poden chamar a Elías Somoza Regueiro, responsábel de Sectores
Gandeiros da Federación Rural Galega-FRUGA, no 681 040 159






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



