AS NANAS DA CEBOLA
Onte 28 de marzo cumpríronse 70 anos da morte do poeta Miguel Hernández.
Durante todo o día tiven pendente da prensa, o menos da que eu solo ler, e das diferentes canles de televisión, en non vin unha mención axeitada da devandita efeméride.
Miguel Hernández naceu en 1910 en Orihuela. E o segundo fillo de unha familia dedicada o crianza de gando.
Despois de estudar o bachiller nos xesuítas abandona os estudos para dedicarse o pastoreo. Aínda que pouco despois cursa estudos de dereito e literatura.
Ao estalar a Guerra Civil, alístase no bando republicano. Hernández figura no 5º Rexemento e pasa a outras unidades nas frontes da batalla de Teruel, Andalucía e Estremadura. En plena guerra, logra escapar brevemente a Orihuela para casar o 9 de marzo de 1937 con Josefina Manresa. Aos poucos días ten que marchar á fronte de Xaén. No verán de 1937 asistiu ao II Congreso Internacional de Escritores Antifascistas celebrado en Madrid e Valencia, e máis tarde viaxou á Unión Soviética en representación do goberno da República.
En decembro de 1937 nace o seu primeiro fillo, Manuel Ramón, que morre aos poucos meses e a quen está dedicado o poema fillo da luz e da sombra e outros recollidos no Cancioneiro e romanceiro de ausencias, e en xaneiro de 1939 nace o segundo, Manuel Miguel, a quen dedicou as famosas Nanas da cebola.
Rematada a guerra o seu amigo Cossío ofreceuse a acoller o poeta en Tudanca, pero este decidiu volver a Orihuela. Pero en Orihuela corría moito risco, polo que decidiu irse a Sevilla pasando por Córdoba, coa intención de cruzar a fronteira de Portugal por Huelva. A policía de Salazar entregouno á Garda Civil. Cando está en prisión a súa muller Josefina Manresa envíalle unha carta que di que só tiña pan e cebola para comer; o poeta compón en resposta as Nanas da cebola que con tanto éxito cantou e canta Serrat. Desde o cárcere de Sevilla trasladárono ao penal da rúa Torrijos en Madrid (hoxe calle do Conde de Peñalver), de onde, grazas ás xestións que realizou Pablo Neruda ante un cardeal, saíu en liberdade inesperadamente, sen ser procesado, en setembro de 1939. Volto a Orihuela, foi delatado e detido e xa na prisión da praza do Conde de Toreno en Madrid, foi xulgado e condenado a morte en marzo de 1940. Cossío e outros intelectuais amigos, entre eles Luis Almarcha Hernández, amigo da xuventude e vicario xeral da Diocese de Orihuela (posteriormente bispo de León en 1944), intercederon por el, conmutándoselle a pena de morte pola de trinta anos. Pasou á prisión de Palencia en setembro de 1940 e en novembro ao Penal de Ocaña (Toledo). En 1941, foi trasladado ao Reformatorio de Adultos de Alicante, onde compartiu cela con Buero Vallejo. Alí enfermou. Padeceu primeiro bronquite e logo tifo, que se lle complicou con tuberculose. Faleceu na enfermaría da prisión alicantina ás 5:32 da mañá do 28 de marzo de 1942, con tan só 31 anos de idade. Foi enterrado no nicho número mil nove do cemiterio Da nosa Señora do Remedio de Alicante, o 30 de marzo. Actualmente os seus restos mortais repousan nunha sepultura do mesmo cemiterio, xunto aos da súa muller Josefina Manresa e o seu fillo, a devandita sepultura, doadamente identificable, é moi visitada.
Non se pode pretender recuperar a memoria histórica e esquecer unha data como esta.
Cando se esquece a nosa historia pasada podemos caer nos mesmos erros. Hoxe ninguén morre na cadea por motivos ideolóxicos, por agora que como sigamos así xa veremos, pero xa en algúns fogares pouco mais hai que pan e cebola para comer.
O Fareiro de Foz



















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



