- As crianzas da Escola Infantil Municipal de Cervo tamén quixeron vivir a maxia do San Xoán como se merece
Durante a celebración, non faltaron as risas, a música e as tradicións máis populares. Saltaron as cacharelas, comeron sardiñas e elaboraron uns colares con moita creatividade, xogando e descubrindo as raíces desta festa tan nosa.
- O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, celebrou unha cerimonia de graduación para o alumnado que rematou este curso sexto de Educación Infantil
O acto consistiu na proxección dun vídeo con fotos da súa etapa en Infantil e, despois de que lles impuxeran o birrete, entregáronlles diploma e orla, para rematar cantando unha canción. As súas titoras, María José e Ana, destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
- Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en outubro en Barreiros co ciclo “Polavilas no paraíso”
O deputado Daniel García e o músico e compositor Xabier Díaz presentaron este luns este ciclo de concertos que o levarán actuar en Castroverde, Samos e Barreiros ao longo dos vindeiros meses. 13 de xullo en Samos no Campo da Festa ás 19.00 horas. 26 de xullo en Castroverde na Praza do Concello ás 22.30 horas. 5 de outubro en San Miguel de Reinante ás 13.00 horas.
- San Xoán no burgo de Trasbar
Veciños e visitantes celebraron este sábado a festa.
- O alumnado de 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou esta semana nun bautismo de mergullo na piscina municipal
A actividade, organizada en colaboración co Concello de Cervo, permitiu ao alumnado achegarse por primeira vez ao mergullo deportivo, combinando formación teórica e práctica nun entorno seguro e controlado. A segunda parte da xornada, prevista na Praia da Caosa, tivo que ser adiada debido ao mal estado do mar, pero buscarase unha nova data para completar esta experiencia única en contacto co medio natural. A alcaldesa Dolores García Caramés destacou "a importancia de ofrecer oportunidades educativas que promovan hábitos saudables e poñan en valor o noso entorno".
- A área de Santa Cruz acolleu unha xornada e encontro para compartir entre todos os participantes no programa Preto de Ti da Concellería de Benestar Social, que achega ás parroquias de Ribadeo actividades co obxectivo de fomentar a convivencia entre veciñas e veciños
Alí tivo lugar unha entrega de diplomas. Ao acto asistiu o alcalde, Dani Vega. Desde o Concello agradecen a participación no programa Preto de ti e tamén o traballo dos técnicos municipais, que fan posible esta iniciativa.
- Presentados os Torneos de fútbol 7 do Folgueiro
Tanto o Folgueiro League coma o Folgueiro League Baby desputaranse os días 12 e 13 de xullo.