O domingo 11 de marzo, ás 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, unhas 120 mulleres de todo o Concello celebraron o Día da Muller Traballadora. Neste acto, e despois dunhas verbas do Tnte. de Alcalde José Manuel González e a Concelleira Ana Abad, proxectouse un vídeo sobre a muller traballadora en Xove. Rematouse este acto cunha chocolatada para tódalas participantes.
