NA PIRINGALLA BRILAN OS NOVATOS.
Unha vez mais a serpe multicolor da LNB congrega gran cantidade de palanadores na festa billardeira da cidade das Murallas. Os anfitrións Madia Leva en vistas do éxito do ano anterior, voltaron a levar a 9ª xornada da Conferencia NorLeste ata o campo de herba artificial da Piringalla en donde Guille non puido revalidar o trunfo. Motivos de enfermidade impediron que tanto él como a maioría dos seus compañeiros de equipo poideran desprazarse a competir. Dende a LNB sentimos fondamente o mal grolo polo que están a pasar e mandamoslles o noso apoio. Animo.
Catorce equipos presentaron candidatura con un total de 58 xogadores en liza baixo a atenta mirada de algunha veciña, que temerosa, pregaba para que as billardas non bateran nos cristais da súa vivenda. Moitos foron tamén os viandantes que se achegaban a interesarse polo desenrolo do xogo e ficaban abraiados da vistosidade e dinamismo con que se competía.
Quen mais quen menos contaba cas súas opcións o trunfo final, así Regueiro gabábase da navalla que gañou na Pontenova e mais ainda logo de sair victorioso na súa primeira carreira con Eric (un dos sempre favoritos); logo chegou Richar e rachou cas ilusións do troita bravo. Do mesmo xeito outros candidatos ao pleno foron descartados. Xan Rodiño sacoulle dous puntos a Markytos pero perdeu un punto con Geny. A Daniel foi Eric quen lle empatou. Luis xa comenzou cedendo un empate. Marcos caeu na segunda carreira e Bea na terceira. A Franco foi o seu compaeiro Juan quen o sacou da loita pero tamén el cedeu dous empates. Eric como dixemos xa perdeu a primeira con Regueiro e Geni non tivo o seu día o igual que Martinho, Nacho, Camiña…
Mentres todo o mundo estaba pendente dos descartes, outros non habituais os podios, sen presa pero sin pausa, foron sumando punto tras punto, tal é o caso de Angelín de Almuinha ou Hector de M. de Meira que so cederon un empate e loitaron polo 3ª posto con Xan Rodiño e Daniel, sendo finalmente Xan Rodiño con un pleno nas cuatro carreiras disputadas quen brincou o terceiro caixón.
So restaban invictos, Pepe de O cadaval e Cascarillas de M. de Meira que houberon de se enfrontar polo podio ó millor de dúas carreiras. Cada golpe do mediático Cascarillas era jaleado polos seus compañeiros que polo visto meteronlle mais presión da necesaria e tivo mais erros dos previstos ante un mais curtido nestas lides Pepe. Así pois Pepe Campión do V Torneo Cidade de Lugo e Cascarillas queda as portas da groria pero mais contento qu’unhas pascuas co segundo posto.
Por equipos, a merma en Os Outros, fai que os Billardeiros Musicais se disparen cara arriba con 32 puntos de vantaxe, case tantos como os 33 que fixeron nesta xornada e os convirte no millor equipo do torneo, seguidos de M. de Meira con 32. Os tropa lixeira van a mais e consolidan a súa progresión na LNB pero ainda lonxe dos Troitas e dos Bulls que manteñen entre eles unha apaisoante e moi parella loita. Seguen mantendo as distancias entre eles en cinco puntos a favor dos Bulls. O resto de equipos xa sin opcións, compiten bravamente e fan que a loita no cese mesmo incorporando novos palanadores.
Estas son as clasificacións:
Individual: 1º Markytos 75, 2º Daniel 69, 3º Eric 67, 4º Regueiro 66, 5º Reyes 62 puntos.
Equipos: 1º Billardeiros Musicais 278, 2º Os Outros 246, 3º Remourelle Bulls 229 puntos.
Varados: Eric 7, Guille 6, Charli e Regueiro 5, Daniel, Markytos e Martiño 3.
A vindeira xornada que será a penúltima, está programada para o domingo 15 de abril en Celeiro, donde tanto Markytos como os Billardeiros Musicais poideran dar un xigantesco paso cara o título e mesmo deixalo xa finiquitado. Mais axustado está o título en Varados que con seguiridade se decidirá na derradeira xornada
Remitido